Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

viernes, 3 de febrero de 2017

Articulacións e Músculos


Imaxe relacionada


Qué é unha aticulación e cal é a súa función?
Unha articulación é a unión entre dous ou máis ósos. Entre as funcións máis importantes das aticulacións podemos destacar que nos permiten dobrar os ombreiros, os cóbados,os xeonllos, mover as cadeiras, dobrar a espalda, proporcionandolle elasticidade e plasticidade ao corpo.



Imaxe relacionada
Tipos de articulacións

  •  Fixas ou inmóbiles: Ósos do cranio. 
  •  Semimóbiles: Vértebras. 
  •  Móbiles: Cadeira, cóbado, xeonllo, ... 

Articulacións móbiles

  •  Os ósos están unidos por ligamentos.
  •  Nos extremos dos ósos hai cartilaxe que impide que os osos se gasten.

  A contracción e relaxación dos músculos produce o movemento

  •   Ó contraerse acúrtase e tira do óso ó que está ancorado.
  •   Ó relaxarse permite que o óso volva o seu sitio. 

musculs 2.jpg

- Os músculos

  •  Ó conxunto de músculos chamámoslle musculatura.
  •  A súa función é a de producir movemento.

 Tipos de músculos:

  •  Voluntarios. Movémolos nós, contrólaos o cerebro. (bíceps). 
  •  Involuntarios. O seu movemento non depende de nós. (corazón).

 Están formados por tecido muscular que presenta a característica de contraerse e relaxarse.
 Poden ter varias formas:

  •  Fuso: bíceps.
  •  Planos: frontal.
  •  Triangulares: Deltoides 
  •  Orbiculares: ollos.         
  • Moitos músculos únense ós ósos a través de tendóns.
Resultado de imaxes para musculos del cuerpo humano mujer

Imaxe relacionada

Imaxe relacionada

musculs.jpg














LÉXICO

Resultado de imaxes para as articulacións


A CABEZA

o curuto;
a cara, o rostro, a face ou a faciana;
a fronte;
a tempa, sen ou vidalla;
a orella;
o ollo; a cella; o cello; a pálpebra; a pestana; o iris; a pupila ou meniña do ollo;
a fazula ou meixela;
a bochecha ou o pómulo;
o nariz; as ventas do nariz;
a boca; o beizo ou labio; o dentame, a dentadura ou a dentición; o dente; o cairo; a moa (moa do xuízo ou moa do siso); a lingua; o padal ou ceo da boca; o veo do padal; a campaíña ou úvula; a gorxa;
o queixo; a queixada (rexión da meixela que se corresponde coa mandíbula);
a papada, o papo (papo da cara) ou a papeira;
o colo ou o pescozo (non se pode utilizar pescozo para as prendas de roupa); a noz; a caluga ou noca.

O TRONCO
Partes do corpo humano 3
o ombreiro ou ombro;
a axila ou sobrazo;
as costas; a omoplata; o lombo (dende os ombreiros ata a cintura); o cadril (parte baixa a continuación do lombo, pl. os cadrís);
o cu; a nádega ou cacha; a regaña do cu; o ano, o fecho ou o ollo do cu;
o peito (xenérico); o peito, o seo, a teta ou a mama; a mamila ou o bico do peito; a aréola;
o ventre ou abdome; o van ou a cintura; o embigo; a barriga; a cadeira;
a pube; a vulva ; o pene, o testítulo .
O BRAZO
o cóbado; o antebrazo;
o pulso; a man; o dorso da man; a palma da man; o coteno, cotelo ou cotobelo; a unlla; a xema do dedo;
os dedos; o polgar, matapiollos ou cachapiollos; o índice, mostreiro ou furabolos; o corazón, maior ou pai de todos; o anular, mediano, medianiño ou dedo do aro; o maimiño ou pequeniño.
Partes do corpo humano 1
A PERNA
a ingua, éngoa ou virilla;
a coxa;
o xeonllo; a sofraxe
a canela; o papo da perna; o nocello, o noelo ou o tornecelo;
o pé; a empeña; a deda; a planta do pé; o calcaño, o calcañar ou a calcañeira.


Partes do corpo





























No os podéis perder esta magnífica serie creada por Jesús Herrero Pampliega por su valor pedagógico y motivador para el alumnado. Todas las láminas son a color y al final del artículo os dejo los enlaces a los artículos que he publicado con los recortables sin color.(Actiludis)

No hay comentarios:

Publicar un comentario