Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

domingo, 29 de enero de 2017

Resultado de imaxes para vocabulario clima e tempo atmosferico

VOCABULARIO
 TEMPO ATMOSFÉRICO: aspecto diario que presenta a atmósfera.// Combinación de elementos atmosféricos (temperatura, humidade, presión, precipitación, vento,...) nun momento dado en un lugar concreto. O tempo é dinámico e é estudiado pola Meteoroloxía.
 CLIMA: sucesión de tipos de tempo. // Combinación de elementos atmosféricos no transcurso dun período de tempo suficientemente longo (un ano) e nun dominio determinado. Para determinar o clima dunha zona soe estudiarse como mínimo un período de trinta anos. É estudiado pola Climatoloxía. PRESIÓN ATMOSFÉRICA: peso dunha columna de aire medido a nivel do mar. Pode variar segundo os lugares e momentos: a maior altura, a presión diminúe, pero tamén varía en sentido horizontal. O nivel medio establécese a nivel do mar en milímetros de mercurio (760) ou milibares (1015). As masas de aire que superan este valor traen tempo seco e estable (anticiclóns) e as que teñen presións inferiores (baixas presións, ciclóns ou depresións) tempo húmido e inestable.
 MILIBAR: (Mb), milésima de bar, que é a unidade de medida da presión atmosférica. BARÓMETRO: instrumento que mide a presión atmosférica. Inventado por Torriceli no s.XVII. ISOBARA: isoliña que nos mapas meteorolóxicos unen puntos que teñen a mesma presión atmosférica ó nivel do mar.
ANTICICLÓN: centros de altas presións atmosféricas, superiores a 1015 milibares. Nos mapas sinópticos de situación en superficie, estes centros debúxanse con series de isobaras concéntricas de formas case circulares e espaciadas onde vai diminuíndo a presión do interior ó exterior. Son responsables do tempo seco, despexado e estable, cálido nos meses de verán e frío en inverno. Son centros emisores de vento que circula ó seu arredor no sentido das agullas do reloxio no hemisferio norte e ó revés no hemisferio sur.
 CICLÓN, DEPRESIÓN, BORRASCA: baixas presións, inferiores a 1015 mb. e causantes de inestabilidade atmosférica e de precipitacións. Neles converxen osa ventos procedentes das altas presións. Os ventos circulan ó seu redor en sentido contrario ás agullas do reloxio no hemisferio norte e ó revés no hemisferio sur.
 EFECTO INVERNADOIRO: aumento lento das temperaturas nas proximidades da superficie terrestre debido ás elevadas cantidades de dióxido de carbono presentes nas capas baixas da atmósfera. Prodúcese como consecuencia da contaminación, o que provoca a formación de nubes que impiden o paso dalgunhas radiacións solares e da irradiación terrestre. O incremento de dióxido de carbono débese ás emisións dos vehículos e das fábricas, á deforestación e á erosión dos solos. PRECIPITACIÓN: caída da auga procedente das nubes, tanto en forma sólida (neve, granizo) como líquida (chuvia). Mídese en milímetros e nos mapas represéntase mediante ISOIETAS, liñas que unen puntos que teñen a mesma precipitación. A precipitación implica unha previa ascendencia do aire, que se arrefría e se condensa. As pingas de auga medran ata seren demasiado grandes e pesadas, polo que precipitan.
 CONDENSACIÓN: proceso polo cal o vapor de auga contido no aire pasa ó estado líquido, formando nubes, néboa ou orballo. Pode producirse pola adición de vapor ou, máis xeralmente, polo descenso da temperatura da masa de aire ata chegar ó denominado “punto de orballo”, cando a humidade relativa acada o 100%.
EVAPORACIÓN: proceso físico polo que a auga se transforma en vapor a temperatura ambiente. É unha das fases do ciclo hidrolóxico. A velocidade de evaporación aumenta, entre outros motivos, coas altas temperaturas, polo que é maior nos meses de verán e nas horas centrais do día. Na evaporación tamén inflúen a insolación, o vento e a humidade.
 INSOLACIÓN: número de horas de sol que recibe a superficie terrestre en cada época do ano. Ven determinada pola latitude e a nubosidade. Da combinación de insolación e nubosidade resulta a insolación real ou horas de sol despexado. Galicia e rexión cantábrica teñen unha media de 2000 horas anuais; 3300 horas o Golfo de Cádiz e cumios de Canarias. O resto da Península ten unha media de 2800 horas. O máximo dáse en verán e o mínimo en inverno.
ALBEDO: capacidade que ten unha superficie para reflectir a radiación que provén do sol. O albedo medio da terra e de 0,34 ou 34%.
 EVAPOTRANSPIRACIÓN: perda de humidade da superficie terrestre debida á insolación e á transpiración das prantas e do solo. Unha parte da auga que se precipita sobre a superficie terrestre pérdese rapidamente por evaporación. De feito, enténdese que a precipitación efectiva é a diferencia entre a pluviosidade total nun período de tempo determinado e a auga perdida en evapotranspiración durante ese período.
 FRONTE: plano ou liña de contacto de dúas masas de aire con características distintas, unha de aire frío, que pesa máis e tende polo tanto a descender, e outra de aire cálido, que tende a ascender polo seu menor peso e polo empuxe do aire frío. As frontes cálidas ou frías pódense suceder, nunca veñen de maneira illada, e forman grupos de frontes. É unha zona tendente á inestabilidade.
 FRONTE POLAR: a fronte máis importante para España. Separa dúas masas de aire, unha tropical, quente, de outra polar, fría. Aínda que a Península Ibérica non está nunha área afectada directamente pola fronte polar, sí queda baixo a influencia das familias de borrascas ou perturbacións de doble fronte que leva asociadas. Ten unha disposición media zonal, pero con variacións que poden chegar ata o trazado meridiano nalgúns sectores. Nas capas altas da atmósfera correspóndese co Jet Stream. A fronte polar acada o seu máximo desenvolvemento no océano. En verán, a fronte polar segue o desprazamento aparente do sol, por iso se sitúa ó norte da Península Ibérica. En outono pódese localizar entre os 40-45º Lat. N., de aí que numerosas perturbacións da FP. afecten ó territorio peninsular provocando precipitaciòns. En inverno, á trasladarse cara ó sur, e en aquelas zonas onde non se forme unha célula anticiclónica estacional, as borrascas seguen a súa traxectoria cara o Golfo de Cádiz, Xibraltar e o Sudeste peninsular,. En primavera, a FP. desprázase cara o Norte provocando precipitacións no centro e norte da Península Ibérica.
 PERTURBACIÓN OU BORRASCA DE DOBRE FRONTE: consta de fronte fría e fronte cálida. O aire frío pesa máis e descende, actuando como unha cuña que empurra ó aire quente que, ó ascender, se enfría e forma grandes bolsas de aire frío que rodean á masa de aire cálido. Co paso de cada unha destas frontes, prodúcense cambios de temperatura, humidade, precipitación,... A perturbación de dobre fronte acaba producindo unha fronte ocluída, é decir, que a fronte fría se desprace máis rápido que a fronte cálida e que a distancia que separe a ambas vaia reducíndose, ata que a fronte fría chegue a unirse coa cálida; cando sucede isto, a lingua de aire cálido queda flotando en altura e vaise enfriando progresivamente ata que adquire as características da zona. Este solapamento ou oclusión remata coa desaparición da borrasca de dobre fronte.
 CORRENTE EN CHORRO OU JET STREAM: fluxo de ventos moi fortes do oeste,concentrado nunha franxa estreita e que circula a unha altitude superior a 8000 m. e a unha velocidade entre 150-600 Km/h. e que determina a circulación atmosférica na zona templada. No seu avance provoca a formación de células anticiclónicas á súa dereita e células ciclónicas á súa esquerda. A fronte polar é o reflexo do Jet stream de altura. A Península está situada na parte meridional de este dominio, e só se ve afectada por el nalgunhas ocasións. O JS. segue o desprazamento do resto das masas de aire de sur a norte: En inverno, está localizado entre 30 e 45ª Lat.N. e pode seguir a vía do Golfo de Cádiz, polo que toda a península pode ser barrida por unha borrasca. En primavera, o JS. desprázase cara o Norte e pode ondular, chegando a producir unha situación de gota fría ou depresión fría en altura.
 GOTA FRÍA: célula de aire frío que se desliga do jet Stream e descende a gran velocidade (pode alcanzar os 200 Km/h) polo que non é fácil de predecir. Está rodeada de masas de aire anticiclónicas e de maior temperatura, e dáse nas áreas costeiras do Mediterráneo. Produce intensas precipitacións, frecuentemente de carácter catastrófico. A gota fría é unha borrasca de pequenas dimensións pero moi intensa, formada entre os 5000 e 9000 m. de altura. Prodúcese nas proximidades do JS. cando unha inxección de aire frío taladra a atmósfera cara abaixo; os fenómenos atmosféricos son moi intensos, pois mentres o aire frío descende, o aire cálido de capas inferiores é obrigado a ascender violentamnete e en consecuencia prodúcense abundantes precipitacións que poden xerar gravísimas inundacións.
 BARLOVENTO: fachada xeográfica que mira cara onde sopla o vento.
SOTAVENTO: fachada xeográfica oposta á dirección do vento.
EFECTO FÖEHN: as barreiras montañosas provocan o ascenso e posterior descenso dos fluxos de vento que chocan contra elas. Se a masa de aire, cargada de humidade, choca contra unha cordilleira, vese obrigada a ascender pola ladeira de barlovento e o aire, ó elevarse, enfríase, aumentando a humidade relativa e provocando a saturación e condensación o que dá lugar a chuvias orográficas ou de relevo. É un fenómeno habitual na cornisa cantábrica, e produce unha chuvia fina, chamada chirimiri. Cando o vento descende pola ladeira de sotavento (xa descargou a chuvia), prodúcese un aumento da temperatura diminuíndo a humidade relativa e provocando a disipación e ausencia de nubes. A súa influencia é moi forte no Val do Ebro, rodeado completamente de barreiras montañosas. VENTO: aire en movemento. Movemento horizontal do aire en relación coa superficie terrestre. Prodúcese como consecuencia das diferencias de presión e va dende as altas ás baixas presións. CALIMA: bruma seca que se produce mnas capas baixas da atmósfera debido á presencia dunha gran cantidade de partículas moi finas de po. Fórmase na España seca en verán, en situación anticiclónica, cando os solos están resecos e as partículas que conteñen poden ser elevadas e mantidas en suspensión por movementos ocasionados polo elevado calentamento do solo.
 BRISA: vento local, suave e fresco, normalmente de pouca intensidade e de periodicidade diaria. Ten a súa orixe nas diferencias térmicas de dúas áreas próximas, que provoca unhas altas e baixas presións relativas e polo tanto un fluxo de vento entre elas. Prodúcese en zonas costeiras ou nas ladeiras dalgunhas montañas.
RADIACIÓN: potencia electromagnética e calorífica irradiada polo sol e interceptada pola Terra. ISOTERMA: liñas que unen puntos que teñen a mesma temperatura.
TEMPERATURA: grado de calor do aire. É un elemento do tempo, básico para a caracterización dos climas, que vén determinado polo maior ou menor grao de quecemento do aire nun punto determinado da atmósfera. Mídese en grados Centígrados mediante o termómetro e se representa nos mapas mediante as isotermas.
AMPLITUDE TÉRMICA ou OSCILACIÓN TÉRMICA ANUAL: diferencia de temperatura existente entre o mes máis cálido e o máis frío. Tamén pode ser mensual ou diaria.
 INVERSIÓN TÉRMICA: fenómeno que se produce sobre todo en inverno, cando o aire frío, máis pesado, acumúlase no fondo dos vales. Débese a que a superficie de contacto co solo, a baixas temperaturas, é maior nas zonas baixas que nos cumios.
 NÉBOA ou BRÉTEMA: suspensión de diminutas gotas de auga na capa inferior da atmósfera, que limitan a visibilidade a menos de un kilómetro.// Condensación dunha masa de aire en contacto co chan, reducindo a visibilidade.
 SOLAINA: zonas que se orientan ó sur das montañas, onde os raios do sol inciden máis directamente e polo tanto soen recibir máis enerxía, luz e calor.
 UMBRÍA: ladeira ou vertente orientada ó Norte (no hemisferio Norte)polo que é a que recibe menor insolación., polo tanto reciben menos enerxía, luz e calor. En Galicia queda reservada a miúdo a un aproveitamento forestal.
SEQUÍA/SECA:período prolongado no que non se producen precipitacións apreciables. Aínda que o período necesario para considerar a existencia de seca é variado, esta pode ser detectada polo resecamento anticipado de cultivos, seca de fontes ou manantiais ou reducción anormal do caudal dos ríos.
ARIDEZ: relación establecida, nun espacio dado, entre o calor e a humidade. A aridez aumenta coa temperatura e coa escasez de precipitacións. É resultado da falta de auga, normalmente pola escasez de precipitacións; orixina ausencia de vexetación e imposibilita a agricultura se non se utiliza o rego. A evaporación é moi acusada e supera ás precipitacións, que soen ser inferiores a 250m/m anuais, distinguíndose entre hiperaridez, cando a sequía pode prolongarse máis dun ano; aridez, con precipitacións anuais ocasionais e semiaridez, cando as escasas chuvias son estacionais. MICROCLIMA: clima particular dunha área específica, de moi reducidas dimensións, que presenta contrastes co da área na que se atopa inserto. Pode ser de orixe natural, como o dunha ribeira ou un descampado nun bosque, ou condicionado polo home, como é o caso dunha cidade ou unha leira ó abeiro dun cortaventos.
CLIMA URBANO: microclima ou clima propio das cidades onde algúns factores introducen modificacións sobre os dominios climáticos das zonas nas que se localizan. Estes factores son: os materiais de que están construídos os edificios, a morfoloxía urbana, a xeneración de calor polas actividades humanas, o drenaxe da auga que impide a evaporación, as partículas contaminantes,... RÉXIME TÉRMICO: variacións periódicas das temperaturas. O réxime térmico dun clima ven determinado polas temperaturas medias mensuais ó longo do ano, a amplitude térmica, o mes máis frío e o máis cálido,...
RÉXIME PLUVIOMÉTRICO: variacións periódicas das precipitacións en cada clima. Ven determinado polo estudio das precipitacións totais anuais, as variacións estacionais, a sequía ou aridez,...

No hay comentarios:

Publicar un comentario