Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

lunes, 9 de enero de 2017

O TEMPO E O CLIMA

A atmosfera, o tempo e o clima
Imaxe relacionada

Resultado de imaxes para atmosfera oclima e o tempo

A atmosfera
A atmosfera é a capa de gases que envolveo noso planeta. Está composta fundamentalmente
por dous gases: o nitróxeno e o osíxeno. Grazas a ela é posible a vida naTerra.
Na atmosfera pódense distinguir distintas capas.As dúas máis próximas á superficie terrestre son
a troposfera e a estratosfera. 1
A troposfera é a capa inferior da atmosfera e está en contacto coa superficie do noso planeta.Na troposfera prodúcese a maior parte dosfenómenos meteorolóxicos.
A estratosfera está por riba da troposfera. Nestacapa abunda un gas chamado ozono. O
ozono impide que as radiacións solares ultravioletas,que son nocivas para a nosa saúde,cheguen á superficie terrestre.
A atmosfera regula a temperatura terrestre: impideque o planeta arrefríe moito durante a noite,cando non chegan os raios solares, e permite acirculación de calor desde as zonas cálidas ásmáis frías da Terra.

Resultado de imaxes para atmosfera o clima e o tempo
O tempo e o clima

Como xa sabes, tempo e clima son dous conceptos diferentes que cómpre non confundir.
O tempo é o estado da atmosfera nun lugar e nun momento concretos. O tempo é algo cambiante:
a primeira hora da mañá pode chover e pouco tempo despois pode lucir o sol.
O clima é o tempo que predomina nun lugar ao longo de moitos anos. Por esta razón dicimos que hai rexións que teñen clima chuvioso, se chove frecuentemente, ou que teñen clima cálido, se habitualmente rexistran temperaturas altas
Para coñecer o clima propio dun lugar é necesario consultar durante moitos anos os datos que
rexistran os aparellos das estacións meteorolóxicas.

Resultado de imaxes para atmosfera oclima e o tempo





O CLIMA .
 Conceptos.

  •  Alustrar: Caér lostregos , lostregar . 
  •  Arroiar : Chover con moita forza sen parar . 
  • Clima: é o tempo que fai nun lugar determinado ao longo dun período
  •  Elementos do clima: son a temperatura e as precipitacións . 
  •  Invernía: Tempo frío e chuvioso , propio do inverno. 
  • Precipitacións : A neve , a sarabia e a chuvia o son 
  • Precipitacións anuais : son a suma das precipitacións mensuais. 
  • Sarabia: Auga conxelada en forma de grans.
  •  Temperatura máxima : é a temperatura máis alta dun lugar .
  •  Temperatura media anual: é a suma das temperaturas medias dos doce meses e dividida entre doce.
  •  Temporal : Chuvia forte con moito vento . 

Os climas de Galicia
O clima de Galicia é temperado – nin moi frío nin moi cálido - e moi húmido , pola proximidade do mar. O tipo climático predominante e o oceánico .
 Factores do clima : A proximidade do mar e as montañas A cercanía do océano condiciona a presencia de abundantes masas nubosas que proceden de alí , e que xeran abundantes precipitacións. Por outra parte tamén inflúe a altitude , xa que canto máis alto e o relevo máis fría e a temperatura . Pola diferente influencia do océano e pola presencia ou non de altas montañas distinguinos catro variedades do clima en Galicia

  •  Oceánico de costa. É un clima oceánico típico. Presenta temperaturas suaves todo o ano e chuvias abundantes.
  •  Oceánico de interior.  Dase no interior das provincias de Lugo e Ourense. É máis seco, menos chuvias ca na costa  e con maior contraste de temperaturas. Caracterízase por invernos máis fríos ca no clima oceánico costeiro e veráns suaves, temperatuas cálidas. É a zona de Galicia onde menos chove.
  • Clima oceánico de matiz mediterráneo de interior. Nos vales do Miño e o Sil . Precipitacións baixas e temperaturas altas no verán 
  •  Oceánico de montaña.  Nas Serras Orientais .Vai moito frío durante os meses do inverno; ademais, as precipitacións adoitan producirse en forma de neve. e suaves no verán.  
 As borrascas se orixinan de xeito frecuente nesta parte do océano e se desplazan cara as costas de Europa . Son masas de aire moi húmidas e que por tanto traen moitas precipitacións . Sendo a costa galega pola súa situación na península Ibérica o primeiro lugar da penúnsula e en moitas ocasións o primeiro de Europa.

 Podemos distinguir nove variantes do clima marítimo da costa oeste en Galicia: 
  1. A rexión das Rías Altas, dende Viveiro ata Fisterra, cun clima suave.
  2. A rexión das Rías Baixas, dende Fisterra ata Vigo, que é a más chuviosa.
  3. A meseta noroccidental, moi chuviosa e de temperaturas máis frescas que nas Rías Baixas.
  4. A meseta de Lugo, cunha lixeira tendencia á continentalidade, menos chuvias e temperaturas máis frescas.
  5. O macizo galaico-leonés, con precipitacións abundantes e notablemente máis frío a medida que ascendemos en altitude.
  6. A costa cantábrica (a Mariña), con precipitaciós semellantes ás das Rías Altas pero máis frío no invierno e máis húmido no verán.
  7. A costa do Baixo Miño, templado e chuvioso pero con aridez estival.
  8. As montañas meridionais, chuvioso e frío a causa da altitude, pero con contrastes moi marcados de aridez nas vertientes orientadas hacia o interior.
  9. As depresións orensanas, cunha tendencia á continentalidade, menos chuvias e temperaturas máis cálidas nas depresións occidentais e máis frías nas orientais.

Os climas de España  
Debido ás diferenzas de latitude, altitude e distancia ao mar, nos territorios de España distínguense diversos climas:
  •  Oceánico, na parte norte da Península Ibérica. 
  •  Mediterráneo interior, nas zonas interiores. 
  •   Mediterráneo litoral, nas zonas do sur, leste e nordeste situadas xunto ao mar      Mediterráneo, e en zonas do suroeste próximas ao océano Atlántico. 
  •  Mediterráneo seco, na zona sueste á beira do mar Mediterráneo. 
  •  Subtropical, nas illas Canarias. De montaña, nas zonas que se elevan a maior altitude.

A Península Ibérica está situada nas latitudes medias do Hemisferio Norte, é decir na zona temperada.

Coma podemos ver no  mapa anterior, podemos decir que:

  • As temperaturas son máis altas no verán que no inverno, aumentando a medida que imos cara ao Sur e sendo máis suaves cara a costa Atlántica. No interior ( na Meseta ) temos unha amplitude térmica anual máis alta.

  • As precipitacións son maiores na beira atlántica e cantábrica, e van descendendo cara ao Sur e cara o Mediterráneo.

En canto ao clima, podemos dividir a península en 2 partes:

  • Clima oceánico: beiras atlántica e cantábrica.

  • Clima mediterráneo:

    • Costa mediterránea.

    • Interior : máis frío no inverno.

    • Sureste da península: árido ou subdesértico, con menos de 300 l/m2


Nestes dous climogramas podemos ver dous exemplos claros de clima oceánico ( Santander ) e mediterráneo ( Sevilla )

A estes 2 climas podemos engadirlle:

  • Clima de montaña: Cord. Cantábrica, Pireneos, Sistema Central, Sist. Ibérico e Serra Nevada

  • Clima subtropical: nas illas Canarias.

Instrumentos de medición do clima
  •   Termómetro: serve para medi-la temperatura
  •   Barómetro: serve para medi-la presión do aire
  •   Catavento: serve para medi-la dirección do vento
  •   Pluviómetro: Serve para medi-la cantidade de precipitacións 
anemómetro   catavento   

 Clima de Galicia | A Terra: os continentes e o clima https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/.../files/.../221___clima_de_galicia.html

 Factores que modifican a temperatura

  • Observa a evolución das temperaturas medias mundiais ao longo do ano.
Temperaturas mundiais 


Tipos de vento

En función da súa dirección, temos:

  • Constantes: Hai ventos que sopran ao longo de todo o ano. Estes son:
  • Alisios: desde os trópicos cara o Ecuador. Sopran do leste ao oeste.
  • Ventos do oeste: desde os trópicos cara as zonas temperadas. Sopran do oeste ao leste.
  • Estacionais: Sopran en función da estación
  • Monzóns: no verán sopran desde o océano Índico cara Asia levando abondosas precipitacións; no inverno sopran do continente cara o mar sendo secos e fríos.
Ventos dominantes
. Outros ventos son locais, como as brisas producidas polas diferenzas de temperatura entre a terra e a auga, principalmente no verán. 

Brisas




No hay comentarios:

Publicar un comentario