Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

martes, 5 de mayo de 2015

Al Andalus

1. OS MUSULMÁNS: AL-ÁNDALUS


ETAPAS




711-756: A Conquista: o Emirato dependente.

Batalla de Guadalete (711): Á esquerda as tropas do rei visigodo Don Rodrigo e á dereita o exército de Tarik, caudillo musulmán

Batalla de Guadalete (711): Á esquerda as tropas do rei visigodo Don Rodrigo e á dereita o exército de Tarik, caudillo musulmán


En plena expansión do Islam polo Norte de África durante o Califato Omeia, os musulmáns cruzan o esterito de Xibraltar no ano 711, vencen na batalla de Guadalete aos visigodos e en só uns poucos anos conquistan a maioría da Península Ibérica.

Chamáronlle Al-Ándalus a estas terras conquistadas e Córboba convertiuse na súa capital: era o emirato dependente de Damasco.













Economía

Como ocorría en toda Europa ( e resto do mundo ) a maioría dos habitantes de Al-Ándalus se adicaba á agricultura.Poducían sobre todo cereais, vide e olivo, así coma outros cultivos ( arroz, algodón, caña de azucre … ) utilizando sistemas de regadío moi eficaces, o que aumentaba a produción.

 A cidade era o centro na vida de Ál-Andalus: Córdoba chegou a ser quizáis a cidade máis importante de Europa, cuns 100.000 habitantes. Nos zocos das  medinas andalusíes había unha artesanía de alta calidade ( coiro, orfebrería, cerámica, seda … ) e unha importante actividade comercial vendendo eses produtos artesanais tanto na propia cidade coma noutros lugares do mundo.


CIDADE AL ANDALUS



Sociedade

Podemos dividir  os habitantes de Al-Ándalus en dous grandes grupos: os conquistadores e os conquistados.

  • Conquistadores: árabes e bereberes que conquistaron a península, e oseus descendentes.  Tiñan o poder político ( gobernaban ) e eran os propietarios das mellores terras.

  • Conquistados:

    • Muladíes: Antigos crisitiáns que se converteron ao Islam.

    • Mozárabes: Cristiáns.

    • Xudeos

    sociedade idade media pen iberica

Cultura Ciencia y arte

O legado de Al-Ándalus é importantísimo, tendo aportacións en moitos aspectos culturais e científicos: lingua (innumerables palabras que usamos  teñen orixe no árabe), mediciña, astronomía, filosofía ( Averroes ou Maimónides ), matemáticas ….

A arte de Al-Ándalus deixounos exemplos sobre todo en arquitectura ( o islam prohibe a representación da figura humana ). ¿Quen non coñece a mesquita de Córdoba, a Torreo do Ouro ou a Xiralda en Sevilla, ou a Alhambra de Granada ).

arquitectura andalusi

Si queres saber máis da Mesquita de Córdoba, preme na imaxe:

800px-Mosque_Cordoba

2. OS REINOS CRISTIÁNS.

Despois da invasión musulmá da Península Ibérica, formáronse uns núcleos de resistencia  no Norte:

– Reino de Asturias: un pequeño núcleo de cristiáns refuxiouse na Cordilleira Cantábrica, resistindo a invasión musulmá. No ano 722, o nobre Pelayo encabezou a vitoria na batalla de Covandonga. Os seus sucesores crearon o Reino der Asturias, con capital en Oviedo, e ampliaron o territorio a Galicia, León e Castela. Nacen así os seguintes reinos:

 -Reino de León: No S IX, os reis asturianos amplían o territorio cara o Sur . No 910 García I recibe á morte do seu pai as terras de León e Castela, nacendo de feito nese ano o Reino de León, aproveitando así que o val do Douro era unha zona despoboada e desprotexida por parte dos musulmás ( recibe o nome de “Deserto do Douro “ ).

-Reino de Castela: O reino de León constrúe castelos na parte leste, unha liña defensiva contra os musulmás. Este territorio recibe o nome de Castela. O conde Fernán González, no S. X, independizouse de León. En 1035, Fernando I proclamouse rei de Castela.

-Coroa de Castela (1230 ): Os reinos de León e Castela reunificáronse definitivamente formando a Coroa de Castela

-Reino de Portugal: Nun principio era, xunto a Galicia, un condado dependente do Reino de León, pero no ano 1143 pasou a ser reino.

-Reino de Galicia. Sendo moi pouca a presenza musulmá en terras galegas, estas pasan a estar na órbita do Reino de Asturias. De feito, Galicia estaba gobernado por un  conde ( comes Gallaeciae ) que intentaba controlar a nobres e clero para integrar o territorio definitivamente no reino asturiano. O rei Afonso III morre no ano 910, e deixou en herdanza ao seu fillo Ordoño II o Reino de Galicia. Este reino foi independente en varias ocasións:

Ordoño II ( 910-914)

Sancho Ordóñez ( 926-929)

García ( 1065 – 71 )

Afonso Reimúndez ( 1111 – 1126 ), que será o rei de Castela e León ( Afonso VII )

B. RECONQUISTA E REPOBOACIÓN

Estes reinos cristiáns van levar a cabo un dobre proceso que os enfronta aos musulmáns e que vai durar ata 1492:

  • A reconquista dos territorios invadidos polos musulmás, nun avance cara ao Sur.

  • Reino de Portugal. Consegue o seu territorio actual no ano 1249.

  • Coroa de Castela ( Galicia + León + Castela ): Ata o 1261, ocupa as terras do al do Douro e Teixo ( Meseta Norte: Castela  León  ), Meseta Sur  ( Castela A Mancha ), Murcia e Andalucía ( exceptuando o reino Nazarí de Granada, conquistado no 1492 )

  • Coroa de Navarra: pechada entre Castela e Araón, apenas ten avances territoriais.

  • Coroa de Aragón ( Aragón + Cataluña ): Ata 1249, ocupa o Val do Ero, Valencia e as Illas Baleares.

  • O ano 1212 foi crucial no proceso da reconquista. Os reinos cristiáns únen os seus exércitos e enfróntanse  e derrotan aos almohades na Batalla das Navas de Tolosa ( 1212 ), conquistando así no S XIII todo Al Ándalus menos o reino de Granada.



A repoboación deses territorios paralelamanete á reconquista.  As terras conquistadas pasaan a ser propiedade do rei, que as repatía en grandes latifundios entre os nobres ou mosteiros. Tamén acudían campesinos libres e e mozárabes ( cristiáns que vivían na zona musulmá),atraídos polos privilexios que concedía o rei nas cartas pobras. Fundáronse así durante os S XII e XIII vilas e cidades; foi una época de rexurdir urbano.




pen iber S XV
expansion exterior reinos cristiáns

3. A ERA COMPOSTELÁ: O CAMIÑO DE SANTIAGO.

catedral santiago3
Catedral de Santiago

No proceso da integración de Galicia no Reino Astur, ocorre un feito  de moita importancia para a cristiandade e decisivo para Galicia: a “invención” do sartego do Apóstolo Santiago ( ano 813 )

 “ A mea noite se vieron as santas luces, (…) e pola mañá cantou misa o Santo Bispo en Solobio, e se foi a aquel lugar (…) Chegaron onde estaba a Santa Coba, e entrou dentro (…) E viron ser o Corpo do Apóstolo, o que tiña a cabeza courtada e o Bordón dentro cun letreiro que decía:

Aquí jaz Jacobo, Filho do Cebedeo e de Salomé, irmán de San Juan, que matou Herodes en Jerusalén, e veo por Mar co os seus discípulos hastra Iria Flavia de Galicia, e veo nun carro e Bois de Lupa, señora deste campo, e deiquí non quiseron pasar máis adiante…”.

Do prólogo do Libro de la “ Cofradía de Cambeadores “ ( S XIV )

Este relato recolle unha lenda popular que narra o descubremento do suposto sepulcro do Apóstolo Santiago nun bosque preto de iria Flavia ( Padrón ), no que un ermitaño de nome Pelaio foi testemuña da aparición de unhas estranas luces e dun cantos de anxos.

Segundo a tradición popular, ao lugar chamóuselle “CAMPUS STELLAE” ( campo da estrela )  e logo SANT-IAGO, e de aí deriva o nome actual da cidade: Santiago de Compostela.

cam santiago

Este acontecemento dará lugar a toda unha serie de peregrinacións a Compostela desde toda Europa a través do CAMIÑO DE SANTIAGO ( Ruta Xacobea pou Camiño Francés )e que terá consecuencias importantísimas a nivel social, económico e cultural:

A nivel económico: durante os S XII-XIII xurde o proceso de urbanización en toda Europa. En España, e sobre todo en Galicia, comenza a crearse núcleos urbanos ( burgos ou cidades ) a carón do Camiño de Santiago grazas ao xurdimento de hospederías, mercados e hospitais para atender aos peregrinos que se dirixen a Santiago. Así, desenvólvense toda unha actividade artesanal e comercial, que á súa vez, axudan a crecer ás cidades atraendo poboación cara elas.

A nivel social: Aparece, como consecuencia das novas actividades económicas, unha nova clase social:a burguesía, que se opoñerá ós privilexios dos nobles e eclesiásticos, causándose así revoltas contra os señores para obter unha maior autonomía das cidades, como en Santiago, onde no S XII houbo unha revolta contra Dona Urraca e o arcebispo Xelmírez.

A nivel cultural: O Camiño de Santiago fixo de vehículo de espallamento da cultura medieval europea, como p.ex., a arte románica.

catedral santiago2





                  

Durante a Idade Media, convivían na Península Ibérica tres culturas: a cristiá, a musulmá e a xudea. As tres mantiveron a súa cultura e incluso vivían incluso en barrios separados ( xudarías ou alxamas, e mourarías ). Polo tanto, convivían 3 grupos:

 

  • Os cristiáns: grupo dominante. Chamados mozárabes nos territorios musulmáns.

  • Mudéxares: musulmás que vivían en territorio cristián, ás veces en moi malas condicións polo que moitos emigraron ao único territorio musulmá que quedaba na Península Ibérica: o Reino de Granada.

  • Xudeos:  adicábanse a actividades comerciais e eran prestamistas. Foron moi perseguidos  e no ano 1492 foron expulsados do territorio español polos Reis Católicos.

Esta diversidade de xentes, xunto co camiño de Santiago, favoreceu o enriquecemento cultural.


encontro de culturas







CURIOSIDADES do mundo medieval


INVENTOS E DESCUBRIMENTOS polos coles do CRA de Albalate, Belver y Osso de Cinca


A PENÍNSULA IBÉRICA NA IDADE MEDIA


No hay comentarios:

Publicar un comentario