Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

jueves, 28 de mayo de 2015

A ARTE E A CULTURA NA IDADE MODERNA EN ESPAÑA

A abundancia e a calidade das obras artísticas e literarias, desde a metade do século XVI ata finais do século XVII, fixeron que se coñeza a este periodo como o SÉCULO DE OURO ESPAÑOL.

EN ARQUITECTURA

Destacaron diferentes ESTILOS:
  • O ESTILO HERRERIANO que se desenvolveu no último terzo MONASTERIO DE EL ESCORIALdo século XVI. Caracterízase polo seu aspecto austero e a súa escasa decoración. Un exemplo deste estilo é o MONASTERIO O ESCORIAL ( en San Lorenzo do Escorial, Madrid). Foi mandado construir por Felipe II a Bautista de Toledo, pero este morreu en 1567 e fíxose cargo da construción Juan de Herrera, quen a finalizou en 1584. O estilo co que realizou a obra creou escola, pasando a coñecerse como estilo herreriano.e 
  • O ESTILO BARROCO. Desenvolveuse no século XVII e distínguese pola suaplaza mayor de salamanca decoración excesiva e recargada, con abundancia de liñas curvas. A gran achega da arquitectura barroca española é a praza maior regular, pechada e con soportais, espazoFACHADA DEL OBRADOIRO destinado a ser utilizado como mercado e como escenario das celebracións públicas.
    O Palacio Real de Madrid, a fachada da catedral de Santiago e a Praza Maior de Salamanca de Churriguera, son boas representacións aínda que esta última construiuse no século XVIII.
  • O ESTILO NEOCLÁSICO propio do século XVIII xorde en oposición áMUSEO DEL PRADOcomplexidade do barroco e volve a inspirarse na Grecia e a Roma da Idade Antiga como no Renacimento dos séculos XV e XVI. Constrúense grandes edificios públicos PUERTA DE ALCALÁcomo O MUSEO DO PRADO en MADRID e se embellecen as cidades con grandes monumentos como A PORTA DE ALCALÁ de MADRID.

ACTIVIDAD

ARQUITECTURA EN LA EDAD MODERNA
e-vocacion.es

EN PINTURA

  • No século XVI,EL CABALLERO DE LA MANO EN EL PECHO
En España aparece o pintor máis xenial do momento, O Greco, coas súas figuras alargadas, as súas imaxes dramáticas e a súa cor luminosa. Os seus cadros máis famosos son: “O cabaleiro da man no peito” e “O enterro do conde de Orgaz”.
VÍDEOS SOBRE PINTORES DO S.XVI
PINTURA DEL SIGLO XVI
PINTURA DEL SIGLO XVI
  • No século XVII sobresaíu Diego Velázquez.
LA RENDICIÓN DE BREDA
Realizou numerosos retratos, cadros relixiosos e escenas da vida cotiá. É universalmente coñecido. Soubo captar a realidade.
Tamén destacaronJOSÉ DE RIBERAZURBARÁNMURILLO.
VÍDEOS SOBRE OS XENIOS DA PINTURA BARROCA ESPAÑOLA
GENIOS DE LA PINTURA BARROCA ESPAÑOLA
XENIOS DA PINTURA BARROCA ESPAÑOLA
  • No século XVIII
Destacou Francisco de Goya e Lucientes. Considérase o precursor das tendencias pictóricas do século XIX. Goya é considerado un dos xenios da pintura. Pintou ás familias reais, fixo unha serie de pinturas de touros, pintou a guerra da Independencia e, cando se volveu xordo, unha serie de pinturas negras.

VÍDEOS PINTORES DO SÉCULO XVIII

EL QUITASOL DE GOYA
VÍDEOS PINTORES SIGLO XVIII

EN ESCULTURA

  •   No século XVII
LA PIEDAD DE GREGORIO HERNÁNDEZ
LA PIEDAD DE GREGORIO HERNÁNDEZ
Destacan os retablos que decoraban os altares e as figuras relixiosas de madeira policromada que se sacan en Semana Santa. Entre os escultores sobresaen: Gregorio Fernández ou Hernández, Juan Martínez Montañés, Alonso Cano, Francisco Salzillo…
LA CIBELES
  • NO  SÉCULO XVIII

Fanse esculturas para as obras públicas como a Fonte de Cibeles de Madrid.

Plantillabanner27

EN LITERATURA

Na Idade Moderna viviron en España brillantes escritores.
A imprenta, inventada no século XV (Idade Media), axudou á difusión das súas obras.
  • No século XVI, sobresaíronCARICATURA DE CERVANTES Santa Teresa de Jesús e San Juan da Cruz, que escribiron obras de carácter místico ou espiritual, e o poeta Garcilaso de la Vega.
  • No século XVII, escribiron as súas obras: Miguel de Cervantes, os poetas BARROCOS, Góngora e Quevedo, os ESCRITORES DE TEATRO, Lope de Vega e Calderón de la Barca. “O Ingenioso  hidalgo D. Quijote de la Mancha de Cervantes” ,é a obra máis importante.
  • No século XVIII, destacaron os ilustrados, que reflexionaban sobre os problemas de España, como Gaspar Melchor de Jovellanos.

SÉCULO DE OURO DAS LETRAS ESPAÑOLAS (VÍDEOS)

SIGLO DE ORO DE LAS LETRAS ESPAÑOLAS
SIGLO DE ORO DE LAS LETRAS ESPAÑOLAS

EN CIENCIA

No século XVIII a CIENCIA tivo un gran desenvolvemento
Creáronse:
  • Observatorios,
  • Xardíns botánicos …

Tamén se concedeu moita importancia á EDUCACIÓN e á CULTURA:
  • Creáronse Museos como O Museo do Prado de Madrid,
  • Academias, como a REAL ACADEMIA DA LINGUA,
  • Sociedades Económicas, nas que se reunían expertos para reflexionar sobre a economía e…
  • Nesta época naceu a prensa. Entre os diarios máis representativos atopábase “O pensador”

ACTIVIDADES

UN PASEO POR LA EDAD MODERNA A TRAVÉS DEL MUSEO DEL PRADO
e-vocacion.es
CIENCIA Y CULTURA
primaria.librosvivos.net
EL SIGLO DE ORO1
contenidos.santillanaenred.com

VÍDEOS

AUTOEVALUACIONES
  1. AUTOEVALUACIÓN. EL ARTE EN EL SIGLO DE ORO ESPAÑOL
  2. AUTOEVALUACIÓN I
  3. AUTOEVALUACIÓN II
  4. AUTOEVALUACIÓN III

No hay comentarios:

Publicar un comentario