A Invasión Dos Pobos Xermanos
No ano 409 algúns destes pobos invadiron Hispania, a Península Ibérica, os suevos( mar Báltico), os vándalo (escandinavo, reinos vikingos) e os alanos (Cáucaso).
Como podemos ver no video anterior a finais do imperio romano a situación de inestabilidade política fixo que o comercio se paralizase debido ó perigoso que era percorrer os camiños do imperio, non só nas fronteiras senón tamén cerca incluso da propia capital, Roma.
A paralización do comercio fixo que dende este momento as cidades se comezaran a despoboar e a economía do imperio pasou a ser fundamentalmente agraria.
O exécito romano xa non garantizaba a paz e a seguridade dos seus súbditos e polo tanto comezaron a xurdir exércitos privados que dirixidos pola nobreza hispano-romana, moitas veces en alianza cós xefes bárbaros, ofrecían ós campesiños seguridade para o seu traballo se lles facían "donos" das súas terras. Os campesiños traballan as terras que agora son dos señores a cambio dunha parte da colleita que lle terán que dar como renda.
Estos latifundistas hispano-romanos e xermanos serán cada vez máis ricos e poderosos e o campesiñado mentras tanto, se volve máis pobre e dependente. É chamado "colonato" e será o comezo do que logo lle chamaremos "feudalismo".

Os romanos pediron axuda aos visigodos e aliáronse con eles para loitar contra os invasores.
Dese modo os visigodos asentáronse na Península Ibérica e expulsaron aos vándalos e os alanos.
Os suevos resistiron durante máis tempo no Noroeste da Península (Gallaecia).
Hemerico foi o primeiro rei suevo de Galicia, coronado en Bracara Augusta no ano 411.
Os suevos ocuparon o territorio de Gallaecia despois de vencer aos romanos.Organizan o Regum Suevorum coincidindo aproximadamente cos límites da Gallaecia romana (máis ampla que a actual, xa que chegaba polo sur ao Douro e polo leste ao Pisuerga, máis ou menos), territorio que goza de estabilidade política e económica ata o 585, cando o seu territorio é asimilado polos visigodos.
Case que dous séculos de vixencia para un reino que acuñou moeda, creou un sistema administrativo territorial que perdura ata hoxe(Parrochiale Suevum), desenvolveu un estilo arquitectónico e artístico singular,…
E pese a ser asimilado no VI polo influxo visigótico, seguiu conservando certa singularidade e excepcionalidade fronte a aqueles: cando no 711 é liquidada a monarquía visigótica e os musulmáns entran na Península, os recén chegados perciben o territorio da antiga monarquía sueva (e polo tanto tamén da Gallaecia romana), como unha entidade diferente á visigoda. No ano 585 (século VI) o reino Suevo foi conquistado polo rei visigodo Leovigildo que o incorporou ao reino visigodo de Toledo
Guerreiro visigodo

REI VISIGODO LEOVIGILDO
Reino suevo (s. V-VI) Límites del Reino Suevo Área con cambio de dominio Límites de provincias romanas
Guerreiro visigodo
Os visigodos tiñan unha cultura moi diferente á dos hispanos. Os hispanos asimilaran os costumes romanos e nos últimos anos do Imperio romano adoptaran o cristianismo como relixión.
Para conseguir a unidade do reino, os visigodos decidiron cambiar a súa lingua, a súa relixión e as súas leis e adoptaron as que tiña a poboación hispanorromana.
Os visigodos mantiveron a división romana da península encinco provincias que eles chamaban ducados. O gobernador da provincia é o dux que era nomeado polo rei.
A capital do Reino Visigodo é Toledo
O reino visigodo mantívose na Península Ibérica ata que esta foi invadida polos musulmáns a partir do 711.
O feudalismo | A humanidade en evolución (Preme neste enlace)
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/.
Idade Media | A humanidade en evolución(Preme neste enlace)
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/...
Idade Media | A humanidade en evolución(Preme neste enlace)
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/...
No hay comentarios:
Publicar un comentario