Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

martes, 28 de octubre de 2014

O Universo. O Sistema Solar



¿Que é o Universo? 

O Universo está formado principalmente por miles de millóns de estrelas, nubes de gas e po cósmico. Ao Universo tamén se lle chama Cosmos, que significa orde ou estrutura.
É tan grande que aínda non se coñece cal é a súa dimensión real, si ten ou non límites, nin o que se atopa máis aló.
Sábese que unha forma na que se agrupan millóns de estrelas son as galaxias, das cales hai centos de millóns. Unha delas é a Vía Láctea.Ten forma espiral e contén máis de cen mil millóns de estrelas, entre as que se atopa o Sol.



O Sol é unha estrela composta de gases como o hidróxeno, o helio e o nitróxeno, que se atopan a moi altas temperaturas. Por iso o Sol emite luz e calor.



O Sol está situado nun dos extremos da Vía Láctea. Ten un diámetro aproximado de 1 392 000 km e ao seu arredor viran os planetas, seguindo sempre a mesma ruta, á que se chama órbita. O Sol e os seus oito planetas forman O Sistema Solar. Aos catro planetas máis próximos ao Sol chámaselles interiores e son os planetas sólidos. Aos catro restantes chámaselles exteriores, todos son gaseosos e están rodeados por aneis.

Outros corpos celestes

No Sistema Solar existen astros de menor tamaño, como os planetas ananos (Plutón), os asteroides, os meteoritos e os cométas. Os planetas ananos teñen forma semellante a unha esfera, pero preto das súas órbitas existen corpos celestes menores. Os asteroides tamén viran ao arredor do Sol, sobre todo nunha zona entre Marte e Xúpiter que se coñece como o Cinto de Asteroides. Á súa vez, os meteoritos son fragmentos de materia que proceden do espazo exterior   e que, si achéganse á Terra, son atraídos por ela. Ao entrar na atmosfera incéndianse e poden verse a primeira ollada durante a noite; a maioría desintegranse antes de tocar a superficie terrestre. Os Cométas son corpos de xeo e po que viran arredor do Sol en órbitas máis grandes que as dos planetas; por iso tardan varios anos en poder ser observados desde a Terra.

 

Guía Interactiva de AstronomíaAstronomía para niñas y niños
Hola null
Para descubrir todo lo que hay en la página vete a Mapa del sitio

No hay comentarios:

Publicar un comentario