Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

lunes, 10 de febrero de 2014

O home sempre tivo a necesidade de utilizar fontes de enerxía para xerar traballo e así dominar a natureza. Pero non sempre o consumo de enerxia foi a mesma, nin do mesmo xeito. A civilización foi volvéndose máis complexa, a tecnoloxía foi mudando, utilizando diferentes fontes enerxéticas, producindo e consumindo distintos niveis de enerxía.
Segundo Estefanía Caamaño Martín ( Instituto de Enerxía Solar, Univ. Politécnica de Madrid ) :

“…pódese falar de catro etapas no uso da enerxía ó longo da historia, característicos de
distintos tipos de sociedades y culturas:

- Sociedades recolectoras: usos enerxéticos para alimentación (subsistencia), construcción e
acondicionamiento básico do lugar de asentamento.

- Culturas antigas (Exipto, India, China, etc.): usos anteriores ampliados mediante a
producción de bens e o seu transporte.

- Primeiras sociedades industriais: duplican o consumo de enerxía con respecto a las
sociedades anteriores, fundamentalmente debido á utilización de carbón mineral para a
industria e o transporte.

- Sociedades postindustriais, con economías orientadas ó sector servicios: gran disparidade
no uso (cantidade e eficiencia) da enerxía.”

EVOLUCION DO CONSUMO DE ENERXIA POR PARTE DO HOME
( EN KILOCALORÍAS / DÍA )

¿Cómo utilizou o ser humano as fontes enerxéticas ó longo da historia?¿En que cantidade?¿Para que?¿ Que
residuos produciu nese proceso e que fixo con eles? Moitas cuestións, quizáis unha soa conclusión.

Seguindo a teoría de Eduardo Lorenzo, un sistema termodinámico permanece estable por tempo
indefinido e nun entorno concreto se segue dúas condicións:
 Ter á súa disposición recursos inesgotables.
 Reaproveitar os residuos para convertirense en recursos doutros sistemas contiguos.

A pregunta ante esta teoría é obvia: ¿ó longo da historia cumplíronse as dúas condicións , ou alomenos
unha delas?
A resposta tamén está clara: un rotundo non.
¿Por qué?

A natureza sempre controlou a entropia ( entendida esta coma “o estado de desorde dun sistema”) dos
diversos sistemas. Un exemplo claro é que os excrementos animais son aproveitados como abono polos vexetais. O
sistema manténse deste xeito en equilibrio. Pero o home veu en romper este equilibrio, rompendo as dúas
condicións anteriormente expostas: esquilma os recursos, xerando residuos que non se aproveitan e que por riba
contaminan.

A entropia aumenta: ¿hai algún exemplo máis claro que o cambio climático tan radical que estamos a
padecer a costa do uso dunhas fontes enerxéticas – as fósiles – que se están a esgotar, e as inxentes cantidades de
residuos xerados no seu consumo – sobre todos os gases de efecto invenadoiro ?

E,ademais, pensar que tódos os conflictos, guerras, crises económicas e sociais,… están provocados pola
búsqueda de recursos naturais, ou alomenos a súa base está nese proceso. Desde as loitas polos mellores
territorios de caza entre os frutos humanos da prehistoria, pasando polas guerras púnicas ( entre Cartago e Roma )
polo control do Mediterráneo ( … e dos seus recursos ) ou polos conflictos de Oriente Medio ( ¿serían estes tan
importantes sen a existencia de petróleo nesa zona ?) , ata o problema medioambiental ( que se convertirá de non
tomar medidas en social, económico, político, de pura supervivencia ) do cambio climático.
Podemos explicar o proceso seguindo o seguinte cadro:

Fonte: Mohedano Córdoba

Pensemos: Partindo do inicio dun ciclo da historia humana na que os recursos sexan abundantes, e seguindo o
cadro anterior, intenta explicar como se pode chegar a provocar una crise na que os recursos son escasos e os
residuos abundantes. Reflexiona sobre se a palabra “consumo” tal e como actualmente a conciben as sociedades
avanzadas actuais.



No hay comentarios:

Publicar un comentario