Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

domingo, 3 de noviembre de 2013

Seres Fantásticos

ANIMAIS FANTÁSTICOS
A continuación verás catro dos seres fantásticos presentes na mitoloxía popular de Galicia. Cada unha das imaxes leva un enlace que remite a outras páxinas que dan explicación de cada un destes personaxes fantasiosos.


 O trasno

 

O lobishome

O Gatipedro 


http://orecanto.blogaliza.org/files/2011/10/gatipedro.jpg
Os biosbardos



BIOSBARDOS, COCERELLOS


Este é un biosbardo típico,  o tamaño é inferior o de un coello e ten certo parecido a un esquío pero cun rabo completamente distinto e pezuñas como si fora un pequeno cabalo.
O da corbata é un pequeno agarimo do dibuxante, dende logo os que teño visto eu non levan corbata, máis ben levan unha especie de pañoleta.



No dibuxo vese un gamusino, así é como se chaman en Castela ou biosbardo, así se chama en Galicia,  bastante símpático, eu penso que estos abondan máis por Castilla-león e Castilla-A Mancha. En Galicia son máis parecidos os anteriores.
..

Este tipo de cocerello ou biosbardo atópase bastante en Galicia, o tamaño xa o vedes comparando cós dedos.
Son moi agarimosos e non morden. Si os levades para a casa morren rápidamente, o mellor é telos un momento e deixalos onde viven,  no bosque...



Hai biosbardos que son capaces de emitir sonidos que máis ben parecen producidos por un instrumento musical, a noite para oir os biosbardos cantores ten que ser en cuarto menguante, sobre as doce da noite e ter o oido moi fino.


No hay comentarios:

Publicar un comentario