Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

viernes, 22 de noviembre de 2013

Desde o Inicio da humanidade...


E O PRINCIPE SALIULLE RA



A violencia non é unha realidade nova. Desde o inicio da humanidade houbo mostras de violencia, como as matanzas das poboacións vencidas en tempo de guerra ou as formas de escravitude en tempo de paz. Afortunadamente, o proceso de civilización permitiu desenvolver unha maior sensibilidade ante formas de violencia antano aceptadas con naturalidade.

Tampouco a violencia contra as mulleres é novidosa. A violencia de xénero é un abuso exercido contra calquera muller polo simple feito de selo. Defínese como calquera acto que supoña o uso da forza ou a coacción con intención de promover e perpetuar relacións de poder e de submisión entre homes e mulleres. Podemos distinguir catro modalidades de violencia de xénero na nosa sociedade:

a) A violencia física, incluíndo todos os actos de forza contra o corpo da muller.

b) A violencia psicolóxica, incluíndo calquera comportamento agresivo, verbal ou non verbal. Ameazas, humillacións ou abusos, a obediencia ou a esixencia de submisión, a coerción, insultos, illamento, culpa ou limitacións da súa esfera de liberdade.

c)A violencia económica, incluíndo a privación intencionada, e non legalmente xustificada, dos recursos precisos para o benestar das mulleres e dos seus fillos, tamén incluese a discriminación no subministro de recursos compartidos na área da parella.

d)A violencia e abuso sexual, incluíndo calquera acto de natureza sexual forzada por parte do autor ou sen o consentimento da muller, abarcando a imposición pola forza ou intimidación, sexo non consensual, e abuso sexual .

En España a taxa de violencia de xénero contra a muller é moi alta. Noutros países a discriminación que padecen as mulleres vese reflectida en costumes como os seguintes: as mulleres reciben a metade da herdanza, precisan poñerse a burka, non poden andar a pé polos barrios, tampoco poden reunirse en grupos publicamente, elas non poden divorciarse do seu marido nin teñen dereito ó ensino, mulleres menstruadas non poden entrar nas mesquitas nin poden ler o Corán.

As nenas que teñen prematuramente o seu primeiro período (9 anos) son consideradas mulleres adultas, de xeito que os pais están a buscarlles marido. A familia da nai non terá os dereitos con relación á elección do marido, a familia do home é a que vai escoller á muller. As esposas deben aceptar as outras mulleres do seu marido en casa, porque o matrimonio islámico é polígamo Elas son fortemente castigadas con torturas e condenadas a morte por adulterio ou calquera tipo de asunto, mesmo cando se divorcian.
Nos países islámicos comportamentos como o adulterio, a prostitución, o asasinato teñen como castigo a lapidación; para o roubo, a amputación; para o consumo de alcohol os latigazos.

No caso de violación, a muller violada non ten credibilidade, ten que ter a lo menos catro testemuñas do acto, e non poden ser nin familia nin amigos.

Países como Sudán, Exipto, etc ...Practican ablación xenital unha forma de mutilación dos xenitais femininos por razóns relixiosas ou rituais, moitas veces como parte dun rito de iniciación. A mutilación xenital feminina, tamén coñecida como clitoridectomia, implica eliminar con ciruxía partes do clitóris e os labios vaxinais. Tamén é practicada algunhas veces a infibulación, que implica a costura dos beizos deixando só unha pequena abertura a través da cal a urina pode fluír e tamén para o fluído menstrual.








DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


A violencia de xénero ten moitas caras, pode ser un golpe, un grito  ou simplemente unha palabra. Moitos rapaces e rapazas seguen admitindo como “normais” actitudes pouco respectuosas ou de sometemento. Anímovos a ver o seguinte vídeo que dun xeito moi sinxelo e directo aborda estas cuestións.



SEMPRE HAI ESPERANZA
Vídeo: Páralo
Xogamos á OCA DA CONVIVENCIA



No hay comentarios:

Publicar un comentario