Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

sábado, 26 de octubre de 2013

Tallar Cabazas por Defuntos



Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendimia, das castañas, as caveiras de melón, os calacús, as abóboras; tempo das longas noites de choiva, vento e frío, as augas, os tempos escuros, remata o verán e encétase o inverno. Vaise a calor e vén o frío, acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume, pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo.


HalHouse07.gif (28152 bytes)

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, oucabazos,ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveirasde melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.
É ben sabido que na nosa cultura tradicional abondan as historias sobre defuntos que reviven, aparécense ou interactúan dos máis variados xeitos cos vivos. De tan fecunda terra nutríronse un bo feixe de escritores e de creadores do noso país, dándolle á cultura galega unha longa cantidade de títulos nos que os mortos, dun ou doutro xeito, teñen o seu papel. É a nosa cultura de ultratumba.


No hay comentarios:

Publicar un comentario