Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

jueves, 31 de octubre de 2013

SAMAIN


DANZA DOS MORTOS


   Todo pode pasar na noite dos mortos.

           
   Danza de los Muertos from Cassandra Urban on Vimeo

     



Estamos a festexar na escola
o Samaín que tanto mola.
Xuntos esta festa celebramos,
cunha chea de cabazas
que na casa decoramos.
Hainas de todo tipo,
presumidas, divertidas, terroríficas...
e as que so con velas
quítanche o hipo.
Así que amiguiños todos
a disfrutar coma tolos!!!
HA, HA, HA, HA...




totalgifs.com halloween gif gif 22.gif






O Samaín 

Na noite do 31 de outono comezaba o aninovo celta, marcando a transición do outono ao inverno. Durante a noite do 31 de outubro os druídas (a caste sacerdotal dos celtas) recollían as baías do acivro dos troncos de aciñeiras e carballos, cunha fouce de ouro. Acto seguido depositaban esas baias nun caldeiro ou as tiraban a un manto branco que sostiña outro druída no chan. Despois, esas baias tan especiais, terían indubidables poderes curativos para o poboado, e para as súas elaboracións "máxicas". Uns días antes do ano novo, tiñan lugar innumerables sacrificios animais.Ademais de ter un carácter relixioso, temos que ter en conta unha cousa que se achega o inverno e hai que empezar a almacenar para facer fronte aos duros meses que veñen por diante. Estes sacrificios de animais, facíanse co obxectivo de aprovisionarse de carne e de pel para o inverno. Era a súa peculiar "matanza". Esa noite está relacionada moi directamente co mundo dos mortos. Pois ben, esta crenza estaba moi arraigada no pobo celta. Eles crían que esa noite, unha "porta" abríase, e o mundo dos vivos quedaba en comunicación co dos mortos, polo menos por unhas horas. Durante este período non se podía saír do pobo, pois nesta noite, as ánimas dos finados volven visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles tiñan preparados os parentes. Durante esas horas, podíase tocar, palpar e ata se podía traspasar ao mundo dos mortos. Por iso en todo o pobo había fogueiras. Estas, non se acendían coa intención de espantar aos malos espíritos, nin nada diso, senón que se acendían para poder guiar aos mortos na escuridade da noite, para que atopase aos seus parentes e fogares, e puidésense quentar coa calor do lume do fogar. Como apunte final a esta festa celta, hai que mencionar unha curiosa tradición: os celtas, esas noites, amontoaban as caveiras dos seus mortos (e tamén dos seus inimigos) e pintábanas. Esta tradición tivo repercusións na nosa cultura, xa que nas encrucilladas dos camiños facíanse amontoamentos de pedras (chamados milladoiros) e tíñase o costume de depositar unha pedra e pedir un desexo. Existe un milladoiro no camiño de Santiago, que é famoso (ademais de estar preto de Santiago de Compostela), porque posúe unha gran cruz de ferro. O feito de depositar unha pedra alí é signo de que non terás mala fortuna durante o que queda de viaxe, por iso os peregrinos soen levar unha pedra desde o seu lugar de orixe,ou ben a collen antes de chegar ao milladoiro. 




junta-de-castilla-y-leon-halloween

DIA DE TÓDOLOS SANTOS


SAMAIN





No hay comentarios:

Publicar un comentario