Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

sábado, 19 de octubre de 2013

CONTRA EL CANCER DE MAMA

Contra el cancer de mama
Encontrad una cura antes de que me crezcan las tetas.

O Día Mundial do Cancro de Mama pretende concienciar sobre a importancia de potenciar a prevención no diagnóstico dunha enfermidade que a día de hoxe, ten un alto poder de curación. Polo tanto, trátase dunha enfermidade que está claramente marcada pola esperanza grazas a todos os casos de persoas que superaron este sufrimento.

Dentro do proceso de recuperación, existe un momento moi importante. Ese no que a persoa se incorpora novamente ao seu traballo. Trátase dun paso que actúa como unha motivación posto que a persoa se sente máis valorada, e quere volver traballar para poder ter unha motivación. En definitiva, para normalizar novamente a súa vida por completo.o que lles axuda a ter unha distracción e poder seguir vivindo con ilusión.

O Día Mundial contra o Cancro de Mama é un día de conciencia social, de espírito positivo e de empatía. É dicir, é importante comprender a aquelas persoas que pasaron por este proceso para poder facerlles a vida agradable e bonita. Por suposto, convén destacar o excelente traballo dos profesionais que se dedican á medicina polo labor tan profesional que realizan.

Dïa Mundial contra o Cancro de Mama é un bo momento para recordar que existe vida durante a enfermidade. E, tamén que a devandita enfermidade se supera.

No hay comentarios:

Publicar un comentario