Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

martes, 22 de octubre de 2013

A Idade Media




EDAD MEDIA3

A Idade Media en Europa pode ser definida como o período comprendido entrea caída do Império Romano de Ocidente, no ano 476 (século v), e a caida de Constantinopla (século xv), capital do Império Bizantino. A cidade foi conquistada polos turcos-otomanos no ano 1453, coincidindo  ao mesmo tempo coa formación dos Estados Nacionais europeos, dando início ao período chamado a Idade Moderna.


As invasións bárbaras.

O reino visigodo: institucións e cultura

O final do Imperio romano viuse marcada por grandes movementos migratorios de pobos na súa maior parte xermánicos, coñecidos como "bárbaros" polos romanos (persoas estranxeiras), nos territorios do occidente do Imperio.



Estas migracións, a miúdo realizadas pola violencia, supuxeron verdadeiros invasións que precipitaron o fin do Imperio. Iniciadas no século III, tiveron o seu momento culmen no século V.

Os suevos, vándalos e alanos foron os primeiros pobos que penetraron na península ibérica no 411. Os tempos que seguiron foron moi confusos. Aínda que Hispania seguiu sendo nominalmente unha provincia romana, os pobos invasores asentáronse en diversas zonas de la península. os suevos na Gallaecia, os vándalos na Bética e os alanos dispersos pola  e a Cartaginensis.


Archivo:Hispania 418 AD.PNG


A reacción do Imperio mostraba a súa debilidade. Encargou aos visigodos, pobo xermánico asentado no sur de Francia mediante un pacto con Roma, penetrar na península e expulsar os invasores. Así o fixeron con alanos e vándalos.

Ao caer o Imperio romano de Occidente, os visigodos estableceron a seu propio reino con capital en Tolosa, a actual Toulouse, no sur de Francia. O reino estendíase polo sur de Francia e gran parte de Hispania. Finalmente, baixo o empurro doutro pobo xermánico, os francos, os visigodos remataron por establecerse plenamente na península ibérica.


Archivo:Reino de los visigodos.svg




Tras unha longa migración, os visigodos estableceron o seu reino na Península durante o século VI, situando a súa capital en Toledo pola súa estratéxica localización central.


Reino Visigodo de Toledo



Leovigildo, entre os anos 569 e 586, foi auténtico artífice da unidade política da península baixo o dominio dos visigodos.
A organización politica dos visigodos sustentábase no dereito xermánico. A institución fundamental de goberno era a Asemblea dos homes libres, na que residía o poder do reino, que era conferido a un rei.
Os reis visigodos intentaron modificar a organización xermánica e incorporar o absolutismo romano ao seu goberno. Malia estes intentos, nunca lograron establecer unha monarquía estable, cun poder real forte e baseada no dereito de herdanza. A inestabilidade política consecuente foi clave para entender o derrubamento do reino visigodo no 711 tras a invasión musulmá.
Os monarcas conservaron unha comitiva de clientes que os acompañaban, xurándolles fidelidade e recibindo protección e sustento.
Os poderes do rei eran amplos: xuíz supremo, xefe do exército, lexislador, encargado da guerra e da paz...


A Idade Media en España



A_Idade_Media_en_España

La_Edad_Media


edadmedia2

culturamedieval

PREHISTORIA Y EDAD ANTIGUA. AGREGA (8-12 años)

No hay comentarios:

Publicar un comentario