Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

viernes, 13 de septiembre de 2013

Somos Creativos

Coñecemos Prezi !!! 

Ola, esta semana imos coñecer Prezi , aplicación multimedia para creación de presentacións, moi dinámica, e que ten como novidade a posibilidade de presentar a información en forma de esquema e expoñela en liberdade, sen a secuencia de diapositivas. 

Deixovos un titorial de prezi que me parece moi interesante, e para entrar en Prezi pincha aquí.
Aproveita esta fin de semana e prepara algunha presentación con Prezi e compártea con nós :



  



Facemos comics con pixton!!! 

Hoxe imos coñecer PIXTON  ferramenta 2.0 que nos permite a creación de cómics on line, está dispoñible en español e permítevos desplegar toda a vosa creatividade. Animádevos a probala!!!
Aquí vos deixo un titorial, que mostra o sinxelo que é o seu manexo :)



No hay comentarios:

Publicar un comentario