Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

miércoles, 5 de junio de 2013

ALTA IDADE MEDIA - O FEUDALISMO


Nos antigos territorios do Imperio Romano que configuran a actual Europa asentáronse ( entre os séculos V e VI ) unha serie de pobos chamados xermánicos ou bárbaros – suevos, visigodos, burgundios, anglosaxóns,…- que co tempo darán lugar ás distintas monarquías europeas.

Nesta Europa é onde se vai desenrolar o sistema social e político coñecido co nome de FeudalismoAs características que  definen esta época serían as seguintes:

a)      Proceso de ruralización. As cidades perden importancia na vida das xentes da Idade Media: tanto as actividades artesanais como o comercio perden peso.

b)      A actividade económica dominante era unha agricultura atrasada: o nivel tecnolóxico era moi baixo e, polo tanto, os rendementos tamén eran escasos. Isto provocaba frecuentes crises e periodos de fame.

c)       Foise  formando un grupo social moi poderosos e rico:  os nobles e os membros do alto clero ( bispos, cardenais, abades dos mosteiros). Fixéronse donos das terras e comenzaron a exercer xustiza nelas : eran os “ señores “.

d)      A gran masa de campesiño o grupo social maioritario -dependían destes señores tanto para conseguir as terras que traballar como para ter garantida a súa defensa e seguridade.

e)      Os reis, que non eran quen de controlar todo o territorio dos seus reinos, cedían o seu poder a condes e señores locais que gobernaban sobre parte dos territorios ( “ feudos “ ), a cambio dun xuramento de fidelidade ( “ vasalaxe “): feudalismo.

f)       cristianismo estendeuse por Europa e actuou coma unha ideoloxía sustentadora destas sociedades feudais. A igrexa vai gañando poder: ideolóxico, político, social, económico e cultural.

  • Durante os S IX e X, Europa volve a sufrir novas invasións, sobre todo dos vikingos ou normandos ( polo Norte ), maxiares e eslavos ( polo Leste ) e piratas sarracenos (musulmás, polo Mediterráneo ). Son o que se coñecen coma segundas invasións ( Lembra: as primeiras foron no SV e os pobos bárbaros acabaron co Imperio Romano ). ¿Cal é a consecuencia destas invasións? Inseguridade, guerras, saqueos, máis pobreza, retroceso cultural … Sobre o ataque vikingo a Santa Eulalia de Curtis (Galicia) no ano 995, un documento da época conta:

    «por causa do pecado, chegaron as xentes dos normandos a esa terra e devastaron tanto esa igrexa coma outras veciñas, do mesmo xeito que prenderon aos seus sacerdotes e os pasaron pola espada, e as propias escrituras desa igrexa queimáronas ata non quedar alí pedra ningunha”

Refórzanse así, os dous tipos de relación que se desenvolverán no feudalismo, na búsqueda de seguridade:

  • Relacións señor – vasalo ( rei – nobres )

  • Relacións señor – servo ( nobre – campesiño )

É decir, O feudalismo está a nacer.

 

SEÑORES E VASALOS: O FEUDALISMO

Cando a a monarquía- é decir, o rei- non podía garantir a seguridade e a paz dos seus súbditos ante os inimigos ( p.ex: vikingos, eslavos, ….), comeza un proceso polo cal a sociedade busca protexerse.

“ Os cristiáns son en todas partes vítimas dos ataques, pillaxe, devastacións e incendios dos normandos “ ( ano 857 )

“Dise que morreron trinte e seis mil, sen contar os que afogaron no río nen os que foron feitos prisioneiros” ( ano 933, sobre os ataques dos húngaros ou maxiares)

Nun principio, os donos das terras organizan os seus propios exércitos para defender as súas posesións e as colleitas, os servos e colonos.

Xa vimos coma o campesiño, ó solicitar a protección a un señor, convértese no seu servo e perdía practicamente a súa liberdade (a isto chamábamoslle encomendación ).

Pero no feudalismo só os que podían servir ao señor en armas eran totalmente libres.

 No acto de homenaxe se establecía unha relación persoal entre homes libres. O señor acollía entre as súas mans as do vasalo e, acto seguido, cun bico ou ósculo se xuraban fidelidade mutua


  • O vasalo prestará consello e a súa axuda militar ( prestar servizo de armas ao señor a cabalo: de aí o nome de cabaleiros ) ao señor.

  • O señor entregáballes un feudo ( terra e servos) que lle permitía vivir ao vasalo.


Un documento da época conta o ritual de homenaxe:


“ Quen tome homenaxe debe tomalo así: quen o presta debe xuntar as mans e decir: “Señor, convértome no voso home para sempre, sereivos fiel e leal, coma señor meu; convértome no voso home segundo as rendas que o feudo proporcione”. E o señor debe respostar: “ Eu recíbovos coma home; e dareivos fe coma tal; e bícovos en de dilo”.


 


Este sistema ( base do feudalismo) supoñía, logo:


  •   Terras a cambio de defensa.

  •   Dereitos sobre o campesiñado do feudo

  •   Lazos persoais de unión señor – vasalo.

 Lembra que Carlomagno puxo as bases destas relacións feudais ao conceder condados e marquesados. O seu neto, Carlos o Calvo , na Capitular de Querzy (ano 877) fixo que os condados foran hereditarios ( ata ese momento non o eran ).

¿Qué importancia ten isto? A partir dese momento, os vasalos directos do rei poden dividir os seus territorios en feudos máis pequenos. Nace así unha escala feudal:  rei – duque – marqués – conde – vizconde – barón – cabaleiro ou miles ( de aí o nome “militar” ). Eran os nobres , o estamento privilexiado, ao que se une a xerarquía da igrexa: o alto clero ( papa – arcebispos – bispos – abades e abadesas ). Así por exemplo, os vasalos directos do rei eran os 12 Pares de Francia : 6 nobres e 6 do clero. Ou mesmo as lendas sobre o Rei Arturo e Camelot, cos 12 cabaleiros da táboa redonda.

 

O rei, nestas relacións de vasalexe feudal, perde poder.

AS RELACIONS FEUDAIS 2






No hay comentarios:

Publicar un comentario