Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

martes, 21 de mayo de 2013

Prehistoria e Historia




Distingue entre Prehistoria e Historia.

A Historia é a ciencia que estudia os feitos protagonizados polo ser humano no pasado ata nosos días. Dividese en:
  • Prehistoria: estuda os feitosos ocurridos antes da invención da escritura. Comenzou hai uns catro millóns de anos.
  • Historia: estuda os feitos ocurridos trala invención da escritura.






prehisto2.jpg
Prehistoria comenza coa aparición do ser humán e remata coa invención da escritura. Divídese en tres etapas.
  1. Paleolítico: o ser humán é nómade, trasladábanse constantemente dun lugar a outro para buscar alimento e loitaban para sobrevivir.Vivían en covas e chozas. Alimentábanse de plantas silvestres, raices, froitos, pesca e caza.Fabricaban ferramentas de pedra e de osos dos animais. Pintaban nas paredes das covas e descubren o lume. (Idade de Pedra)
  2. Neolítico: comezou hai dez mil anos, o ser humán ubícase nun territorio de forma estable, é dicir, fixéronse sedentarios; isto débese a posibilidade de cultivar a terra, aparece a agricultura, e domesticar animais, a ganadería e o traballo coa cerámica pois era necesario almacenar os produtos agrícolas en recipientes. Construiron monumentos megalíticos, realizados con grendes pedras como : os dolmens e os menhires. (Idade de Pedra)
  3. Idade dos Metais: iniciouse hai uns seis mil anos, chamada así porque co descubremento dos metais, aprenden a tratar o cobre, o bronce (que o obtiveron mesturando cobre e estaño) e ao final desta etapa aparece o ferro. Comenzan a fabricar ferramentas de metal, inventan a roda o barco de vela, que favorecen o transporte, o arado. Desenvólvese a primeira forma de comercio co intercambio ou troco de productos entre os distintos pobos.

OS CASTREXOS
Os castros eran asentamentos con cabanas agrupadas e rodeados de muros e foxos para a defensa. Estaban situados sobre outeiros estratéxicos. Estes poboados fortificados foron construídos durante a  Idade do Ferro e veñen ser as primeiras construcións coñecidas de habitación permanente en Galiza.
A cultura castrexa desenvolveuse durante un periodo de case mil anos, pasando por diversas fases con cambios máis ou menos profundos:

MOMENTO INICIAL: 
Entre os séculos IX-VIII ata século V a.C., con castros de pequeno tamaño, con formas curvas e de doada defensa. Iníciase a fundición do ferro.
APOXEO:
Século IV a.C. - s. II a.C. Aumento do tamaño e número de castros, aumento demográfico, produción e intercambio, importancia da actividade bélica. A xoiería, a escultura xeométrica, a cerámica estampillada e a arquitectura en pedra son elementos característicos desta etapa.
FINAL:
Concentración da poboación nuns poucos castros, edificacións de caracter familiar, construcións cadradas ou rectangulares, cubertas con tella. A partir do s. I d.C. dáse por finalizada a cultura castrexa, moitos castros son abandonados pero algúns perduraron ata as invasións dos visigodos (ano 585). 



Paleolítico
     







Neolítico










Idade dos metais









A Arquoloxía é o estudo da Prehistoria, as fontes arqueolóxicas permítennos coñecer o pasado, as sociedades máis remotas, así as pinturas rupestres infórmannos sobre as actividades económicas; os moumentos funerarios, sobre os ritos e as crenzas; as ferramentas sobre o tipo de alimentación e a maneira de obtela en cada época, os restos das vivendas...E todo este coñecemento depende da conservación destes restos atopados.







estandarte de Ur -
    Historia comezou hai uns cinco mil anos coa aparición da escritura. Divídese en  catro etapas (cada unha relacionada cun acontecemento histórico):
    1. Idade Antiga: desde a invención da escritura ata o final do imperio romano (finais do século V d.C  (ano 476). As primeiras civilizacións históricas xurdiron hai uns tres mil anos. Algúns destes pobos foron: os fenicios, os exipcios e os gregos. Na Península Ibérica, arredor do ano mil a. C, vivían diferentes pobos como : os Tartesos ao suroeste peninsular, os Celtas no norte e centro da penínsular e os Íberos repartidos entre o leste e o sur da Península.
    2. Idade Media: desde o final do imperio romano ano ( 476)  ata o descubrimento de América (1492).
    3. Idade Moderna : desde o descubrimento de América (1492) ata a Revolución Francesa (1789).I
    4. Idade Contemporánea: desde la Revolucón Francesa (1789) ata os nosos días.
    Babilonia
    image
    Civilización Maya
    chichen itza maya
     Civilización Azteca
    Tenochtitlan, pintura de Diego Rivera
    civilización Exipcia
    image
    civilización Persa
    Cultura Persa

    Evolución das civilizacións antigas.  Apréciase que distintas civilizacións históricas comparten o mesmo grao de desarrollo político, social e cultural."

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario