Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

martes, 14 de mayo de 2013

Poemas Infantís


RAFA VILLAR  (Cee.A Coruña. 1968)

vira e vira
a terra arredondada
arredor do larpeiro sol
laranxa e limón
Rafa Villar
verde  negra  azul
a terra dá voltas de buxaina
e nacen á luz os días

o planeta é un mar inmenso
que navega no espazo
sen rumbo nin compás

cando chega a noite
esfarélanse as estrelas
como pingas pingalleiras
e esna quizan o ceo

eu cóntoas cos dedos
unha  dúas  tres
catro  cinco  seis

estrelas que tremen
estrelas que estouran
estrelas que alumean
coma lumaradas na noite de san xoán


*************************
 

as mañás saben
a lagañas prendidas nos ollos
a colacao con galletas
a cara lavada
ao bus da escola afastada

se o sol debuxa o horizonte
as mañás xogan á mariola
e as beirarrúas amencen ao noso paso

se as nubes cospen chuvia
son os torpes paraugas
os que agochan o novo día

cando vai frío
no canto de cinco dedos
as mans tremen coa chegada do inverno

(Do libro Acuarelas, editado pola Editorial Galaxia, 2009)




ELVIRA RIVEIRO TOBÍO   (Cerponzóns, 1971)

A CABRA MALANDRA

 A cabra Malandra
Elvira Riveiro Tobío
raña nas carrachas:
raca-raca-raca.

A cabra Malandra
salta tras a campa:
tanca-tanca-tanca.

A cabra Malandra
papa nas patacas:
ñaca-ñaca-ñaca.

A cabra Malandra
chanta na lama as patas:
chafa-chafa-chafa.

Nas claras mañás
a Malandra cabra
danza chachachá.


CAMARADAS

Papá prancha as sabas,
mamá sacha as patacas,
papá lava as pratas,
mamá apaña as laranxas,
papá arranxa a casa,
mamá arranxa as zapatas

Caramba!
Xa basta!
Traballar cansa!

Para acabar
fan gran manxar para xantar:
pasta branda á malabar!

Para acabar,
papá abraza a mamá
mamá abraza a papá.

(Do libro Palabras brancas, editado por Edicións Xerais, 2008)





No hay comentarios:

Publicar un comentario