Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

jueves, 9 de mayo de 2013

Defendendo os nosos Dereitos


9M



A profe de 5ºA que realiza este blogue,permanecerá hoxe en folga. Eu creo nunha educación pública e de calidade para todos e todas. Non estou a favor da privatización. Creo que a escola debe ser un ámbito de igualdade, non algo para favorecer aos que máis teñen. Creo que as aulas deben transmitir valores como democracia, tolerancia, igualdade e amor pola nosa lingua O Galego. Creo que os comedores escolares son unha necesidade para as familias, e non un luxo para uns poucos. Por iso hoxe estou en Folga! Bo día e vémonos nas rúas defendendo a escola na que cremos! Grazas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario