Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

viernes, 17 de mayo de 2013


17 de MAIO
 DÍA DAS LETRAS GALEGAS




FESTA NO COLE
Festa no cole para celebrar o día das nosas letras. Recitados de poemas, entrega de premios literarios e as maravillosas actuacións dos nosos músicos dirixidos polo profe Vicente. Un Himno Galego que soou a gloria. Parabéns!



O galego: a nosa lingua agarimosa, feiticeira e máxica.

Neste Día das Letras Galegas no que celebramos os 150 anos da publicación dos Cantares Galegos de Rosalía, propómosvos a lectura deste poema de Valentín Lamas CarvajalO falar das fadas, recollido no seu poemario Saudades Galegas,escrito tal e como se recolle no orixinal.

 Fálame n-esa fala melosiña
que celestiales armunias ten;
fálame n-o lengoaxe d' a terriña
        s' é que me queres ben.

   Se desexas provar d' o teu cariño
as tenruras, o fogo y-a pasion
probas con me chamares «amantiño» 
       que me tes moito amor.

   Se ch' eu digo que fôra meu encanto,
vivir sempre ond' a ti, xuntos morrer,
terás dito que sintes outro tanto
        con escramar «¡canté!»

   Chámame «mintireiro» 
s' enganadad' o que che diga chegas á dudar;
«toliño» si ô falar, pol-a calada
        che roubo un bico ou mais.

Fálame n-esa fala qu' espresando
tristuras, fai sentir ô curazon
non sei que morno acabamento brando,  
      nin que vaga emocion.

   Fálame n-esa fala pracenteira
que cando goces espresarnos quer,
é mais leda qu' os tonos d' a muiñeira, 
       é mais dolce que a mel.

   N-unha sola palabra dinos tanto
este noso falar feitizador,
q' unha pulla, un poema, a risa o pranto, 
       condensa n-unha voz.

   Arrólame c' os ecos d' esa fala
que tan ben fai sourrir como chorar;
múseca que os oubidos non regala
        d' as xentes d' outro chan.

   Fálame n-o lenguaxe d' os gallegos
se me queres facer moito sentir;
n-a fala que hastra en lábeos de labregos
        non sei que ten pra min.

   Arrólame c' o ritmo regalado,
co-a sonora infinita vibracion
d' o falar poI-as fadas inventado 
       pra meigar curazós.

  Xa de neno, esa fala melosiña,
o meu feitizo, a miña groria foi;
fálame n-o lenguaxe d' a terriña       
 s' é que me tes amor.

ROBERTO VIDAL 

BOLAÑO

LENGUA Y LITERATURA PRIMARIA


INTRODUCCIÓN

Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
Como xa moi ben sabedes este ano A Real Academia da Lingua Galega elixiu a Roberto Vidal Bolaño como o autor a quen se lle adica as Letras Galegas deste ano 2013.
Vidal Bolaño ten méritos dabondo para esta homenaxe do noso país aos máis sobranceiros valedores do noso idioma, e máis cando, sen medo a esaxerar, temos que dicir que Vidal Bolaño é o pai do teatro profesional galego. Autor,actor e director de teatro galego.
 O seu desexo era dirixir cine, pero a ausencia dunha industria audiovisual fixo imposible o seu soño. Na televisión e no cine actuou, dirixiu, dobrou, escribiu guións...Destaca, ademais, a súa faceta como monologuista.
Para poder completar correctamente as fichas terás que consultar unha serie de recursos da web, one te poderás informar axeitadamente da obra de Roberto Vidal Bolaño e das súas experiencias na dirección, iluminación, interpretación de obras teatrais e audiovisuais. Algunhas das páxinas que podes consultar son:
Tamén podes ir vendo esta presentación con algúns detalles da súa vida e obra. 

Despois de realizares as procuras na rede para completar a ficha, non só sabes máis cousas de Vidal Bolaño, senón que exercitaches as túas habilidades para procurar informacións dentro de textos e aprendiches a contrastar distintos documentos elixindo entre eles os que mellor información che presentaban para realizar o teu traballo.
Agora podes realizar este LIM sobre Roberto Vidal Bolaño, que, seguro, che ha saír moi ben con tanto como aprendiches nesta actividade.

"Eu son un home...un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas"

Vidal Bolaño


ACTIVIDADES DA COORDINADORA GALEGA

Neste enlace A Coordinadora Galega de Dinamización Linguística recompilou algúns das actividades que se están a realizar nos distintos centros de Galicia: 
PREME NA IMAXE
E realiza as actividades que máis che gusten.

No hay comentarios:

Publicar un comentario