Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

miércoles, 15 de mayo de 2013

A Familia


15 DE MAIO: DÍA DA FAMILIA 
Este día foi proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas no ano 1993 como medio para crear conciencia acerca das cuestións relacionadas coa familia. A familia é un dos vínculos afectivos máis poderosos. É o elemento máis importante da sociedade humana, onde os nen@s crecen e son educados, onde deben recibir amor, coidados e protección, ademais dunha formación integral coma seres humanos. Porque a FAMILIA, en todas as súas formas, é o máis importante que temos e debemos coidala e mimala SEMPRE, aquí vos deixo unha receita que atopei que me gustou moito: 



FELÍZ DÍA, FAMILIAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario