Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

jueves, 11 de abril de 2013



O retrato. Actividades


Un retrato é unha representación dunha persoa real realizada mediante un debuxo, unha pintura, unha escultura ou unha fotografía.
Dende moi pronto a pintura empezou a interesarse polo tema do retrato e ao longo da historia da pintura podemos ver como o retrato foi un dos temas preferidos polos pintores máis famosos de todos os tempos.
Podemos ver varias características do retrato:
. Segundo o que se mostre pode ser só da cabeza, do busto, de medio corpo ou de corpo enteiro.
. Pode ser dunha soa persoa ou de varias (retrato colectivo)
. O tamaño pode variar pero se é igual á figura humana que representa entón chámase retrato de tamaño natural.
. Pode encontrarse sen fondo ou con fondo (un interior, unha paisaxe, etc)
. Se o pintor se pinta a si mesmo denomínase autorretrato.
A pintura española é coñecida pola abundancia e calidade dos seus retratos. Pintores como Velázquez (As Meninas), El Greco (O cabaleiro da man no peito), Goya (A familia de Carlos IV) ou Picasso (As señoritas de Avignon) son algúns dos máis importantes.
Mira este video sobre retratos femininos:  Os rostros mais fermosos da historia da arte.


Las Meninas (Diego de Velázquez)


El caballero de la mano en el pecho (El Greco)


La familia de Carlos IV (Francisco de Goya)


Las señoritas de Avignon (Pablo Picasso)



Mira este vídeo sobre retratos femeninos
En este enlace, tenemos los retratos utilizados para el montaje con el nombre del cuadro y del autor.

PINCELADAS CON OLOR A VIOLETA


Este conto pode valer para realizar unha primeira aproximación e crear un debate en torno á invisivilidade das mulleres artistas ao longo da historia.




ACTIVIDADES.-
1. Escribe unha lista de palabras relacionadas co corpo humano
2. Compara a túa lista coas doutros compañeiros de clase e engade aquelas palabras que che falten.
3. Elixe un dos cadros que se citan no texto e busca información sobre el en Internet.
4. INVESTIGA: Con que técnicas se pode representar un retrato? Que é un retrato colectivo? Que é un retrato de tamaño natural? Que é un autorretrato?

DESCRICIÓN DUN RETRATO
Elixe un destes  retratos e escribe unha descrición dicindo de que tipo é, que se ve nel,  as cores coas que está pintado,  a quen representa, etc.


El Papa Inocencio X (Diego de Velázquez, 1650)


La duquesa de Alba (Francisco de Goya, 1795)


Retrato de Dora Maar (Pablo Picasso, 1937)



Creamos caligramas!!!
caligrama é un poema, frase ou palabra na que a tipografía, caligrafía ou o texto manuscrito se coloca ou se configura de tal xeito que crea unha especie de imaxe visual (poesía visual). A imaxe creada polas palabras expresa visualmente o que a palabra ou palabras queren dicir.
Ides elaborar un caligrama ou poema visual empregando a ferramenta web gratuita Tagxedo . É especialmente interesante xa que podes agrupar esta nube de palabras, empregando formas e imáxes originais co que resulta moi útil dentro da aprendizaxe educativa.



Mil e unha historias!!!


Sempre, dende os tempos remotos, contáronse historias. Algunhas delas convertéronse en narracións populares que chegaron ata os nosos días. Por exemplo, de Europa proveñen os contos de fadas máis coñecidos.

Ás veces, os contos escóndense, do mesmo modo que se esconden os nenos. Por iso, saber da súa orixe tamén é útil e necesario, para así poder coñecer mellor os seus segredos, polo menos en parte.




¡CUÉNTAME UN CUENTO!





Imaxe e palabra. O cómic

Nesta outra páxina atoparás moita mais información sobre os cómics e como aprender a elaboralos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario