Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

lunes, 22 de abril de 2013

Dia da Terra 2013



Hoxe é o Día da Terra. Recordámosvos que a temos en préstamo
e hai que mimala moito.
(il·lustració de Klaas Verplancke)


Todos temos dereito a gozar dela
e somos a única especie que estamos a maltratala...
iso que din que somos os máis intelixentes.
(ilustración de Momo Takano)




Día da Terra (en inglés Earth Day) é o nome dunha celebración festiva que se corresponde con dous acontecementos: o Día Internacional da Terra, que se celebra o 20 ou 21 de marzo e o Día da Terra do 22 de abril iniciado nos Estados Unidos en 1970, e que continúa celebrándose aínda hoxe nese día. A festividade foi creada para lembrarnos a responsabilidade de coidar e protexer o planeta tras observárense os primeiros indicios alarmantes da degradación ó que os humanos o estabamos sometendo. A través da celebración preténdese aumentar a consciencia con relación ó medio e os problemas ambientais. A elección do 21 de marzo responde á celebración do equinoccio de primavera, cando o día e a noite son iguais ó redor do mundo. Foi sancionada oficialmente o 26 de febreiro de 1971 nunha proclamación asinada polo daquela secretario xeral das Nacións Unidas U Thant.

O símbolo deste acontecemento é un Θ (theta) verde sobre fondo branco.

Θ

Historia

As orixes da celebración remóntanse ó nacemento do movemento ecoloxista de finais da década de 1960 e comezos da seguinte. O primeiro que aparentemente concibiu a idea dunha festa denominada Día da Terra foi o asesor do presidente John F. Kennedy, Frederick G. Dutton, pero John McConnell tamén aparece xeralmente nas crónicas dos primeiros tempos como introdutor da idea dunha festa de carácter global nunha conferencia da Unesco celebrada en 1969. Ese mesmo ano o senador por Wisconsin Gaylord Nelson, preocupado pola degradación ambiental, animaría os estudantes a unirse na que sería a primeira protesta ecoloxista de importancia nacional nos Estados Unidos co obxectivo de intentar establecer a problemática ambiental na axenda política americana. Tería lugar o 22 de abril do ano seguinte cun éxito enorme que conseguiu mobilizar uns vinte millóns de americanos en toda a nación, dúas mil universidades, dez mil escolas primarias e secundarias e numerosas organizacións. Foi a primeira vez que se celebraba realmente en América o Día da Terra. Como consecuencia desta mobilización nacional en torno a un día de reivindicación ecoloxista, o senador Nelson puido abandeirar a creación da Axencia de Protección do Ambiente dos Estados Unidos (EPA) e conseguir que se aprobase lexislación ambiental duradeira, coma a Lei do Aire Limpo, e leis para protexer a auga potable (Lei da Auga Limpa), as especies animais en perigo de extinción (Lei das Especies en Perigo), e os mares. A data do 22 de abril segue sendo a celebración máis popular do Día da Terra nos Estados Unidos e fíxose tamén popular noutros moitos países.

Os 10 Lugares máis contaminados do planeta




No hay comentarios:

Publicar un comentario