Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

martes, 2 de abril de 2013

O Libro Infantil


  
 
DÍA INTERNACIONAL DO LIBROINFANTIL 
 2 de abril  
  

   O día 2 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil, en homenaxe a Hans Christian Andersen, escritor danés que naceu ese mesmo día de 1805. Da súa imaxinación saíron contos tan coñecidos como: O soldadiño de chumbo, O parrulo feo, O traxe novo do emperador...
   Trátase de promocionar os bos libros infantís e xuvenís, e animar á lectura aos máis pequenos.  
                        

      

  No colexio dedicaremos estes días a sesión  "A hora de ler"  a recordar contos de Andersen que todos temos no maxín, e a ler outros do autor que o noso alumnado aínda descoñece, porque a lista é longa...
   Tamén coñeceremos outros contos a través de vídeos.
 PREMENDO NA IMAXE PÓDESE ACCEDER A UNHA LISTAXE DE CONTOS DE ANDERSEN     
   Fai clic en cada título e... A  DIVERTIRSE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario