Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

viernes, 5 de abril de 2013

ACTIVIDADES INTERACTIVAS GEOGRAFÍA


Antes de empezar o tema, temos que saber algunhas cousas sobre o relevo, por exemplo:

-Montañas: son grandes elevaciós de terreo. Varias montañas forman unha serra e varias serras unha cordilleira ou macizo. 


 Nesta foto vemos montañas que forman unha cordilleira  .



-Chairas: son grandes extensións de terreo chan. Se é unha extensión elevada chámase meseta como mesa
, e se é unha extensión entre montañas chámase val ou depresión.

meseta


Nesta foto podes ver unha meseta, e no seguinte debuxo, ainda que está en castelán podes ver resumidas as 
formas do relevo.

  


-As costas ou litoral: son os terreos que están en contacto co mar.




Na costa hai praias e acantilados. Os entrantes e saíntes da costa forman o relevo costeiro: Cabos, Deltas, Golfos,Baías, Rías,Albufeiras...

Foto: Islas Cíes

                        Illas Cíes

COMO LER UN MAPA


Relevo de Galicia


Ó relevo actual de Galicia é o resultado da actuación de diferentes elementos a través do tempo, un relevo variado no que se combinan serras e chairas, costas acantiladas e rías. A altura media do relevo de Galicia non é moi elevada (non supera os 500 metros de altitude media), aínda que abundan as montañas e os outeiros son relevos pouco vigorosos. O que escasea son as superficies aplanadas. As cadeas montañosas son de pouca elevación; as máximas altitudes acádanse nas serras orientais (Os AncaresO CourelManzaneda ou Queixa), onde se atopa o cumio maior (Pena Trevinca, 2.100 m). Desde o punto xeolóxico, a rexión e un bloque de rochas precámbricas e paleozoicas no que o granito xoga un importante papel.Os materias que forman a base do relevo , as rochas , podénse agrupar en Galicia en diferentes grupos : granitos, xistos, rochas básocas , gneis ollo de sapo, rochas sedimentarias e depósitos non consolidados.

O RELEVO DE GALICIA

O territorio galego, cunha superficie de 29.574 km2, sitúase na zona NO da Península Ibérica tendo coma límites terrestres Asturias, Castela-León ( León e Zamora ) e Portugal, e marítimos o O. Atlántico e o Mar Cantábrico.

O conxunto da paisaxe galega está constituida por un macizo constituido por rochas antigas e moi erosionadas. Podemos dividir o relevo galego nas seguintes unidades:

1.- Chairas litorais: estreitas chairas que se extenden por toda a costa de Galicia.

2.- Serras litorias: pequenas serras de pouca altitude ( uns 500 m ) coma a do Barbanza.

3.- Escalón de Santiago: ascensión do terreo cara o interior desde as costas.

4.-  Serras Centrais e Septentrionais: tamén chamadas Dorsal galega, constituida por pequenas serras de non moita altitude ( 1000 m ):

  • Xistral

  • Serra Faladoira

  • Serra da Loba

  • Serra Cova da Serpe

  • Serra do Faro

  • Serra do Suido

5.- Terra Chá lucense: meseta duns 400 m de altitude situada ao norte, na provincia de Lugo.

6.- Depresións de Ourense, percorrida polo río Miño

7.-Serras Orientais: as montañas máis altas do país:

  • Serra de Meira

  • Ancares ( Penarrubia, 1822 m )

  • Courel

  • Serra do Eixe ( Pena Trevinca , 2.127 m )

  • Serra de Queixa ( Cabeza de Manzaneda, 1778 m )

Galicia ten unha costa duns 1.500 km temos que destacar as rías e os cabos. As rías podemos dividilas en:

  1. Rías Altas: Ribadeo, Foz, Viveiro, Barqueiro, Ortigueira.

  2. Rías do Golfo Ártabro: Ferrol, Betanzos, A Coruña.

  3. Rías da Costa da Morte: Corme e Laxe, Camariñas, Corcubión

  4. Rías Baixas: Muros e Noia, Arousa, Pontivedra, Vigo.

Os cabos máis salientabeis son: Punta Estaca de Bares ( marca o comenzo do Mar cantábrico e é o punto máis septentrional da Península Ibérica)Ortegal, Prior, Vilán, Touriñán, Fisterra, Corrubedo e Silleiro.



FORMAS DO RELEVO CONTINENTAL

♦   Chairas: áreas planas ou suavemente onduladas de menos de 200 m de altitude.

♦  Mesetas: chairas elevadas de máis de 200 m de altitude. Si se atopan entre cadeas montañosas a unha gran altitude, tamén reciben o nome de altiplanos. Exemplos: Meseta Central  Española, Meseta do Tíbet, Altiplano boliviano.

 ♦  Montañas: elevacións do terreo con forte pendente, que normalmente se  presentan formando conxuntos de:

 ♦ Serras: pequenos grupos de montañas, xeralmente  pertencentes a un grupo maior, dun macizo ou unha cordilleira. Por exemplo, a Serra do Barbanza, Serra de Gredos, …

♦ Macizos (fomados por montañas vellas, desgastadas pola erosión, de formas redondeadas) P.ex.: Macizo galego, Apalaches,…

♦ Cordilleiras ( formadas por montañas novas e altas ). P.ex: Alpes, Himalaia, Pirineos,…

 ♦ Depresións: zonas a menor altitudeque as terras que a rodean. Normalmente están percorridas por ríos, sendo así vales fluviais ou concas hidrográficas. P.ex.: val do Ebro, conca do Amazonas, …

 ♦  FORMAS DO RELEVO COSTEIRO

 A costa ou litoral é aquela zona das terras emerxidas ( dos continentes ou das illas ) que está en contacto co mar.

 Pode prersentar moi diversas formas:

 ♦ Praias: áreas normalmente recubertas de sedimentos ( normalmente area, pero poden ser pedras ) que proveñen da erosión das zonas costeiras.

♦ Cantís: terreos rochosos e escarpados, con fortes pendentes.

♦ Cabos: áreas da terra que penetran  no mar en forma de lingua.

♦ Golfos: ó contrario que os cabos, son entrantes do mar na costa. Si son pequenos e ben resgardados, chámanse baías.

♦ Rías: vales fluviais inundados polo mar

♦ Fiordes: vales glaciares inundados polo mar

♦ Penínsulas: extensións de terreo rodeadas polo mar por todas partes menos por unha, chamada istmo

No hay comentarios:

Publicar un comentario