Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

jueves, 4 de abril de 2013



A partir deste cadro do pintor galego Manuel Colmeiro titulado "A sega", elaborade en medio folio unha descripción da paisaxe. Como xa falamos na clase ide dende o que esta mais preto no cadro ao que está mais lonxe, para finalizar coas vosas impresións sobre a paisaxe que se vos amosa.

LEMBRADE:

- Esta primeira descripción será en GALEGO
- Procura utilizar oracións curtas
- Nunca empeces unha oración con E ou Y se é en castelán
- Se ves que nas túas oracións van moitos e/y seguidos: "e comeu e bebeu e foise" é que salvo o último  
 deberían ir sustituidos por comas. 
 MELLOR ASÍ:  ", comeu, bebeu e foise".
- Do mesmo xeito cando dentro do texto ves que repites unha mesma palabra buscalle un sinónimo: "...despois foi ao campo e despois xogou cos seus amigos" 
 MELLOR ASÍ: "...logo foi ao campo e despois xogou cos seus amigos"
- Utiliza expresións como á dereita, a carón de, preto, ao fondo, detrás de, no centro, ao redor

PARTES DUNHA DESCRIPCIÓN:

1. Visión xeral da paisaxe:  "é de costa, de interior, de montaña?" "Está no campo, nunha aldea, nunha cidade?"...
2. Indo do que está mais preto no cadro ao que está mais lonxe vai localizando tódolos elementos da paisaxe
3. Termina escribindo as túas propias impresións sobre a paisaxe, as sensacións que che produce; xa sexa tristeza, ledicia, misterio, terror...




poema

sen

rima


Proposta

Sobre un tema dado construímos versos utilizando só substantivos  e adxectivos. Exemplo:

 " O campo"

Árbores verdes.

 Casas brancas.
                                                                                    
 Flores multicolores...


  • Papoulas vermellas
  • Abellas voadoras
  • Herbas húmidas


No hay comentarios:

Publicar un comentario