Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

viernes, 8 de marzo de 2013

Feliz 8 De Marzo







Día Internacional da Muller


O 8 de marzo celebramos o Día da Muller Traballadora. Hoxe en día, o 8 de marzo semella un día de festa. Pero esta data tamén nos lembra as inxustizas cometidas contra a muller dende tempos inmemoriais, e a loita e a valentía de moitas delas por seres consideradas persoas con iguais dereitos.

Credes que "os tempos (da xustiza e da igualdade) son chegados? Aínda queda moito camiño por percorrer: aínda hai moitas mulleres que, por realizar o mesmo traballo que os homes, cobran menos; moitas que son discriminadas polos seus superiores por seres nais e ter fillos ó seu cargo. 

Este é o Día da Muller Traballadora que temos que celebrar todos: mulleres e homes. Porque todo "home ben nacido" ten que recoñecer na súa propia nai o esforzo e o sacrificio por sacar ós fillos adiante, por manter a paz no fogar, por "multiplicar os pans" cando o soldo é escaso...

Dicir Muller Traballadora é dicir Muller, e Nai! E máis aínda: Mulleres e Nais Coraxes!
Feliz Día da Muller Traballadora! 

A ESPERELA

Mulleres Artistas do Século XX





MujeresSilvio Rodríguez. Unha canción que resume o inmenso valor da muller no devir da vida.


A canción Centeás, de Luar Na Lubre, é unha homenaxe ás mulleres traballadoras. Centeás - Camiños dá Fin dá Terra (2007)

  

Pan e Paz, audiovisual realizado por radialistas.net no que se fai unha breve cronoloxía histórica do 8 de marzo.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA: INVISIBLES

Así estamos no tocante a igualdade de xénero, vídeo da organización ATTAC 



Xa diredes si están equivocados ou esaxeran

Debuxos de "O CARRABOUXO" elaborada polo EDLG
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario