Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

jueves, 21 de febrero de 2013

A Arte de escribir

Escribir é unha maneira de construir soños

La Cenicienta (Jacob y Wilhelm Grimm)

Na escola, a aprendizaxe da escritura é como un labirinto: unha especie de camiño iniciático que se lles reclama aos nenos e ás nenas para que poidan integrarse con plenitude na sociedade. Pero ese camiño, como todo labirinto, non é fácil. Por iso aquí tedes unhas ideas sinxelas, e ao mesmo tempo eficaces, para compoñer textos narrativos.
Meez 3D avatar avatars games

[Mariola12.jpg]


 Dacordo coa estructura inmemorial e os arquetipos dos contos populares. Para alcanzar ese obxetivo, o caldeiro proporciona unha variedade de tarefas de escritura diseñadas para activar a imaxinación, pero también para desarrollar a letura e o pensamento.

Catálogo de ideas para el caldero mágico

Un caldeiro, en definitiva, é simplemente un tipo de presentación, un organizador narrativo para pensar e escribir. Unha gramática do conto popular que resume os principais acontecementos que se poden decir, como os seus personaxes, as escenas e as características básicas da estructura dun relato. Pretende desarrollar o sentido das historias e facilitar aos nenos e nenas a elaboración de composicións narrativas. 
As fórmulas marabillosas, para iniciar e rematar historias, pódense seleccionar utilizando mesmo as fontes orais do imaxinario popular como as literarias.E a pesar de que as fórmulas que mellor entendemos son as que corresponden á cultura occidental, tamén podemos recorrer aos contos dos pobos do mundo. Desenvolvido por moitos investigadores, como Ana Pelegrín. Esta autora sempre foi unha referencia para os interesados polo mundo do conto popular.

La aventura de oir, de Ana Pelegrín


Era unha vez…; Había unha vez…; Nun lugar remoto…; Hai moito, no tempo dos soños…; No inverno, na época da lúa chea…; Nun tempo no que a Terra aínda era nova…; Certo día…; Hai moitos centos de anos…; Noutros tempos máis antigos…; Érase que se era…; Vivía unha vez…; Nos tempos de María Castaña…; Para saber e contar e contar para aprender…; Hai moito tempo, cando os animais aínda falaban…; Hai moitos anos, cando o mundo estaba formándose…; Había unha vez, nun vello país…; Hai moito tempo, cando as galiñas tiñan dentes…; Aínda que é difícil de crer, unha vez pasou…


Foron felices, comeron moitas perdices e a min déronme coa porta nos narices. - E viviron felices moitos anos. - E colorín colorete, pola cheminea vai un foguete. - E viviron felices para sempre. - E viviron felices ata o final dos seus días. - Colorín colorado, este conto xa está acabado. - E así será para sempre. - Entón, o galo cantou e este conto rematou. - Acabouse o conto e levouno o vento… - Pilin pin pin, este conto chegou ao seu fin.



O Caldeiro Máxico

5 pasos en el proceso de escritura

A NOSA HISTORIA

Observade coidadosamente as seguintes imaxes. Ordenádeas como vos pareza millor e a continuación narrade unha historia seguindo as estructuras e as fórmulas do caldeiro.

Nizovtsev 15



Nizovtsev 11



   ilustración de NICOLETTA CECCOLI



No hay comentarios:

Publicar un comentario