Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

lunes, 4 de febrero de 2013


Unha curtametraxe de animación  feita polos alumnos de PrimeFrame e dirixida por Jaime Maestro Sellés  (outubro do 2010). Tivo xa moitísimos premios  e  agora está secleccionada como finalista aos  Goya.  Os nosos parabéns e mellores  desexos para que acaden ese premio!

      

Unha crítica social moi intéresante que nos leva a reflexionar sobre as precaucións  que debemos tomar cando nos ofrecen paraísos a cambio de case nada; cando nos aseguran que nos axudarán a facer realidade os nosos soños, a cambio de comprar as nosas vontades; coidado cos que falan e falan porque  unha vez que estamos nas súas mans, olvidan pronto as promesas...

 Febreiro, cebadeiro.

 Cando chove en febreiro, todo o ano tempero.

 Augua de febreiro, mellor ca de xaneiro.

 Cuando no llueve en febrero, no hay buen prado ni centeneo.

Febreiro Carnavaleiro

Película Tempos Modernos

Tempos Modernos (Modern Times) é unha película en blanco e negro de Charles Chaplin que trata da industria.



A película é moi divertida e Chaplin non deixa de meterse en lios. Moitas das situacións presentadas dánse hoxe en día , por exemplo que hai moita xente pobre, como a amiga de Chaplin, que por comer algo chegou a roubar unha barra de pan. 


A película ensínanos que temos dereito a traballar, pero en condicións dignas, e que sempre debemos intentar superar as dificultades.      

No hay comentarios:

Publicar un comentario