Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Disfrutando do Nadal


     



Ideas para facer e ler en nadal

Lecturas de Nadal na Rede:
O equipo da Biblioteca do CEIP Isaac Peral de Ferrol fixo unha excelente recopilación  de lecturas de Nadal nas que podemos atopar dende contos  con contidos históricos ata contos clásicos coma o "Soldadiño de Chumbo" ou "Hansel e Gretel" sen esquecer outros contos anónimos difundidos na rede.
Premendo nesta imaxe podedes acceder a esa morea de contos para ler e conta e outros para ver.
Enlaces a páxinas para manualidades de Nadal sempre creativas e de reciclaxe :


A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística pon ao noso alcance unha recopilación de recursos para disfrutar estes días de Nadal:
                            As Cancións 
                            A Carta aos Reis
                            O Apalpador
                            O Teatro 
                            Os Contos
                            Os Refráns
                             Os Agasallos

Atoparás todo premendo na imaxe:


 panxoliña galega para aprender:

        
Estoutra páxina permite crear a propia postal de Nadal en línea:

A páxina  ten tamén comida para o Nadal.

         

E moitas cousas máis. Xa sabes Preme en


                


        
   O ciclo de Nadal inclúe as festas de Nadal, San Silvestre, Aninovo e Reis. Festas que a Igrexa contrapuxo en tales datas a rituais pagáns de simbolismo mítico.

Noiteboa
   Esta data, xa antes do nacemento en Belén, tiña carácter benéfico para destruír o perigo das noites máis longas do ano (solsticio de inverno), nas que os donos das sombras tiñan máis facilidades para perpretar o mal. Calquera meigallo ou bruxaría quedaba neutralizado. 

Nadal
   Parece imposible fixar con rigor histórico día, mes e ano para o nacemento de Xesús. Baralláronse 15 posibles anos e outros tantos días para cada un. Esta cirunstancia non resta importancia ao acontecemento máis benéfico para a humanidade. 
.
Ata o século IV o nacemento celebrábase o 6 de xaneiro. A partir desta centuria a Igrexa fixou o 25 de decembro.
É curioso que o 25 de decembro nacese Mitra e Osiris, os deuses do Sol. Xesús é a luz dos pobos,lumen gentium. 

Día dos Santos Inocentes   
   O 28 é o día dos Santos Inocentes. Se Xesús nacese o ano 1 da nova era, Herodes I o Grande xa tería morto catro anos antes, polo que non podería preguntar aos Magos polo lugar do nacemento de Xesús para decretar despois a matanza dos inocentes. 
Para practicar a arte da risa, en Galicia eran frecuentes as inocentadas, as bromas, as chacotas, os chascos ou as pegotas. Grazas ao bispo Moratinos, sabemos que o 28 se celebraba o día dosobispillos: un neno vestíase con roupas sagradas e imitaba os xestos solemnes dos bispos; incluso os sacerdotes participaban na burla  vingándose do superior. A igrexa, no século XVIII, erradicou o costume e as inocentadas foron máis laicas.

San Silvestre
   O 31 de decembro está no centro do ciclo benéfico máis potente do ano (Nadal - Epifanía). Ningún demo nin bruxa pode causar dano o día de san Silvestre, vencedor de dragóns iracundos e vacina segura contra os sortilexios nefastos: San Silvestre, meigas fóra! Para desorientar as bruxas e poñelas en ridículo: San Silvestre, que hoxe é martes!
O día acaba ás 12 da noite, no medio dun ciclo de 12 días. Modernamente cómense 12 uvas e 12 son os apóstolos, que forman outro duodenario benéfico, corrompido polo 13. 
Neste momento comezan outros tres períodos máxicos de 12 en 12 días: son as sortes, resortes e contrasortes. 
Sortes: os 12 primeiros días; informan do tempo meteorolóxico de cada un dos meses do novo ano.
Resortes: do 13 ao 24 de xaneiro; confirman ou rectifican o prognóstico anterior. 
Contrasortes: do 25 de xaneiro ao 6 de febreiro; axudan a precisar as previsións meteorolóxicas. 

Día de Reis
   Era costume precristiá en Occidente facer agasallos e a variante do aguinaldo, ao remate do ciclo benéfico.
A tradición dos Reis comeza na Igrexa a partir do século X. Quizais non fosen tres, nin fosen reis, nin fosen magos. A escenificación actual débese a razóns simbólicas: o poder terreal póstrase ante o poder divino, e faino mediante a expresión do bo agoiro, é dicir, do agasallo (ouro, incenso e mirra).
O agasallo xa se practicaba na antiga cultura exipcia.
O mundo romano incorporouno como un rito a Strenia, deusa da boa sorte. De Strenia deriva estrear, usar por primeira vez. 
Tamén se conserva a palabra celta aguinand, que derivou en aguinaldo: agasallo que recibían os grupos que ían de casa en casa cantando os reis. 

   O 24 cantábanse, asimesmo, panxoliñas ou nadaliñas.
   Os aninovos, manueles ou xaneiras reservábanse para a tarde/noite do 31, como esta popular 

  Ano  novo, ano novo, 
ano novo velaí vén;
veña polo noso ben, 
polo de vosté tamén.

Estas portas son de liño
e aquí vive un bo veciño.
Teñen marcos de amieiro
e aquí vive un cabaleiro.

Deus lle dea tanto pan
como hai regos en San Xoánn.
Deus lle dea tanto viño
como auga vai polo río.

 Deus lle dea tantas ovellas
como no ceo hai estrellas.
Deus lle dea tantas vacas
como no curral hai lapas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario