Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

jueves, 1 de noviembre de 2012

Festa de tódolos Santo e Defuntos





"Os defuntos falaban Castelao" relato de Ánxel Fole, incluído no libro : Á lus do candil.Vídeo moi entretido

 

                                                                          

Despedímos o mes DOutubro cun poema de José Ángel Valente.


Octubre
(José Ángel Valente)

Hay una leve luz Caída 
entre las hojas de la tarde. 
Dame 
tu mano y Cruz 
de puntillas conmigo 
para nunca pisarla, 
para no Arderiu tan tenue 
en suspensión dormidas brasas 
y consumirte lenta 
en el perfil del aire.

La ilustración es de Mary GrandPre .

      TEMPO DE OUTONO,CASTAÑAS E POESÍA
Castaño-Ilustración de Sally Boyle

Tiempo de castañas

Has oído el viento como sopla?,
has visto hoy el gris en el cielo?.

Es ya tiempo de encender la estufa
o animar con leña seca el fuego,
de tostar boniatos y castañas
y explicarle uiiiiii-viejas historias de miedo ...


1 de NOVEMRO TEMPO DE MAGOSTOS


Cada estación ten as súas cores, que cambian mes a mes , toda unha poética as cores e unha estética da natureza.


Color de noviembre

Cuando el aire afloja los pinos y hace girar
el bálsamo de la rama tenebrosa,
noviembre, en la ventana puedes mirar!
El cielo es como un cristal rosa.
Tejados muelles de luz, color de vino.
alisa una humareda esperitada.
La mar a la noche debe tener
una profunda morada.


Hoxe empezamos mes, novembro, e empezamolo dun xeito moi festivo, a celebración do día de Tódolos Santos. A festa de "Tódolos Santos "celébrase en diversas culturas, non só na cristiá.  O día 2 de novembro, celébrase o día de" Defuntos" ou "Día dos mortos". A morte, final do ciclo  vital. Estamos nun momento do calendario clave para o ciclo vital da natureza e da vida  e isto ten o seu reflexo no noso folclore. Se botamos man ao refraneiro atopámonos con moitos ditos e refráns que fan referencia a este mes e a estes  días .
"A negra dama " serve de inspiración a moitos poetas.





NOVEMBRO
     O refraneiro coñece este mes coas denominacións populares de mes de Santos, dos Mortos ou mes de San Martiño: “ Bendito mes que empeza con Santos (día 1) e acaba con San Andrés  ( día 30)”.
     Lémbrasenos que estamos  no inverno máis pleno: “Entre Santos e Nadal ( ou Natal) inverno ( ou inverniño) caroal ( Duro ou frío)”; tamén:  “ Entre Santos e Navidá* é inverno de verdá*”,
     “Entre Santos e Natal ou ben chover ou ben nevar” ou “Entre Santos e Nadal ou ver clarear ou ver nevar”, “Día de tódolos Santos neve ós campos”, “Polo San Martiño neve nos altiños”.
     Neste mes aconséllase a matanza: “No mes dos mortos, mata os teus porcos”, “ No mes de Santos, porcos  ós bancos”, “Polo San Martiño xa se  pode untar o porquiño”, “Once de San Martiño, cóllese o porco polo fociño (fuciño)”.< ./div>
     Moitos son os refráns que teñen como tema o viño: “O día de tódolos Santos anda o pan e o viño por tódolos cantos”, “Polo San Martiño proba ( ou abilla) o teu viño” ou “O día de San Martiño ( día 11), empeza o teu pipotiño”, “Polo San Martiño vende o teu viño, e antes ó pipeiro que ó taberneiro”. O moito andar co viño pode ser o responsable de: “Polo San Martiño, trompos  ó camiño”.
      Tamén das chuvias se ocuparán os refráns diste mes: “Entre Santos e Natal, arrieiriño non vaias ó sal ( disolverase coa chuvia) que perdes o burro e o capital”, noutras palabras: “Entre Santos e Nadal arrieiriño ó ir ó sal vas perder o burro e o cabezal”.
     Novembro  poderá ter algúns días de bo tempo, aínda que poucos: “ O verán (vrao) de San Martiño son tres días máis un pouquiño” ou “ O verán de San Martiño dura encanto o can pasa o camiño”.
     Contra  final do mes chegará o máis duro do inverno, polo que será o tempo de recollerse: “Pola Santa  Catalina (día 25), deixa a túa campiña”.Remata o mes o día de San Andrés ( día 30): “A San Andrés de Teixido irás de morto, se non fuches de vivo”.
De Santos a Navidá é inverno de verdá.
De Santos ao Nadal é o inverno natural.
De Santos a Nadal hai sequía de verdá
  • Por san Uxío e santa Baia anda o tempo á trocalla. [6]
  • Por Santa Erea, toma os bois e semea; por San Martiño, nin fabas nin liño. [7]
  • Por Santos e Nadal, inverno caroal.
  • Por Santos inda hai campos verdes e xa hai montes brancos.
  • Por Santos nevan os campos.
  • Por Santos, sacha a horta e capa o rancho.
  • Pranta a horta no San Martiño e prantarás pra ti e pró veciño.
  • Quen cava no mes de Santos perde o tempo e o traballo.
  • Quen queira ter allo fino, que o poña polo san Martiño.
  • San Andrés trae a vela e san Xoán a leva.
  • San Simón proba o viño e o porco san Martiño.
  • San Xoán come pan e san Andresiño touciño.
  • San Xoán daime o pan e san Martiño o viño.
  • San Xoán e san Andrés, fai Dios que non sexan cada mes.
  • San Xoán e san Martiño foron merendar ó camiño. San Xoán levara o pan e san Martiño o viño.
  • San Xoán garda a chave do pan, san Martiño a do viño e san Andrés a do porquiño.
  • San Xoán trae o fol cheo de pan e san Martiño bota de viño.
  • San Xoán trae o inferno e san Andrés o inverno.
  • Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landre e san Andrés o touciño.
  • Santos e Natal, inverno carnal.
  • Se no Samartiño non matas cocho ou año, coa fame levarate o diaño.
  • Se queres ter allo fino, plántao no San Martiño.
  • Sembra trigo en San Martiño, cada día un pouquiniño.
  • Sementeira na semana de San Román nin palla nin gran; sementeira na de Santa Baia, gran e mais palla.
  • Vaites co mes, que empeza con Santos e acaba con San Andrés.
  • Zapa o viño polo San Martiño.
  • Bendito mes, que empeza con Santos e acaba con San Andrés.
  • ¡Bendito mes que empeza con Santos, media con san Uxío, e remata con san Andrés! [2]
  • Cada porco ten o seu Sanmartiño.
  • Cada porco ten o seu san Martiño.
  • Cando Santos acaba, o inverno empeza.
  • Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño
  • Polo san Andrés hai porcos gordos para vender.
  • Polo san Andrés mata o teu porco coma o tes/ como é.
  • Polo San Andrés, o mosto viño é.
  • Polo San Andrés, o viño novo vello é.
  • Polo San Clemente bota a túa semente. [3]
  • Polo San Clemente, doble semente.
  • Polo san Martiño, andan as noces a roliño.
  • Polo San Martiño bólas ó tellado e trompos ó camiño.
  1.  En sentido figurado, significa que ó final todo o mundo ten o seu merecido.
  2.  Día de Tódolos Santos, 1º de novembro; San Uxío, 15 de novembro; San Andrés, 30 de novembro.
  3.  San Clemente, 23 de novembro.
  4.  San Amaro, 15 de xaneiro.
  5.  San Andrés, 30 de novembro.
  6.  San Uxío, 15 de novembro; Santa Baia pode se-lo 12 de febreiro (Santa Baia de Barcelona) ou o 10 de decembro (Santa Baia de Mérida).
  7.  Santa Irea ou Erea, 18 de setembro; San Martiño, 11 de novembro.


LA DAMA Y LAMUERTE . Corto dirixido por Javier Recio Gracia, ofrécenos unha dinámica moi ben ambientada e realizada en clave humorística. Oito minutos dura este ralato no que Recio cóntanos o tortuoso e "divertido" camiño dunha anciá hacia a morte.
Unha ancianita que vive nunha zona rural  espera dunha forma digna o momento en que chegue a morte para reunirse novamente co seu falecido compañeiro de vida. Cando ésta chega , por fin, e a vellina acompañaa para entrar no máis alá, un médico petulante entra en xogo e establécese unha feroz batalla entre o médico e a Morte para decidir quen toma o destino da vellina... Queredes saber como remata a historia?... O que sigue non volo podedes perder, polo que a darlle ao play. 
Desexo que vos guste.












No hay comentarios:

Publicar un comentario