Os axóuxeres son obxectos sonoros de cores moi vivas para entreter aos cativos e cativas. Este blogue pretende ser un espazo onde poder realizar o intercambio de experiencias, amáis dunha proposta motivadora de integración das TIC ás miñas clases. Desexo que sexa enriquecedor e motivante para a vosa e a miña formación.

sábado, 27 de octubre de 2012

Os Animais Vertebrados




AS AVES



Inda que este grupo de vertebrados foi o que mellor se adaptou ao voo, non todas voan: as avestruces, os pingüíns...
-As súas extremidades superiores transformáronse en ás.
-Corpo cuberto de plumas que favorecen o vó porque aumentan moito a superficie do corpo.Ademáis, contribuen a manter a calor do seu corpo, posto que son vertebrados de sangue quente,
-Posúen un peteiro ou bico, carecendo de dentes
-Respiran por pulmóns.
-Reproducción por ovos con casca. Este ovos deposítanse nun "niño" onde os incuban, en moitos casos, os dous proxenitores. Cando nacen deben seguir coidándoos durante un tempo, incluso alimentándoos.
A maioria das aves voan e reciben o nome de paxaros.






As avestruces non poden voar e corren a grandes velocidades .






























 




Os pingüins son un caso de adaptación a condicións de vida moi duras. Son excelentes nadadores, e as súas plumas están adaptadas ás necesidades que as baixas temperaturas impoñen.

OS RÉPTILES
Son animais terrestres.
teñen o corpo cuberto de escamas córneas que os protexen. A súa pel é impermeable, evitando así que se seque.
Teñen catro patas dirixidas cara aos lados, polo que o seu andar resulta moi característico. Reptan o que da nome a este grupo. Algunhas especies, como as serpes, carecen de patas.
Respiran por pulmóns.
Reprodúcense mediante ovos que a femia deposita en terra firme e os enterra, deixándoos á súa sorte.




Reptiles
Lagarto






Tortuga






Serpiente







Cococrilo















Necesitan vivir en lugares onde haxa auga doce. Pasan parte da súa vida na terra, e parte, na auga, porque necesitan ter a pel húmida constantemente.
Posúen catro patas e a maioria teñen cola.
Respiran por pulmóns e a través da pel
Son ovíparos. Poñen ovos peqeuenos e sen casca, directamente na auga.

Un caso moi interesane é o da rá. Dos ovos nacen os cágados. que semellan peixes: non teñen patas e respiran por branquias. Posteriormente o corpo experimentaria unha transformación denominada metamorfose, que a levará a converterse en ra.


OS PEIXES






Trátase do grupo máis numeroso dos vertebrados.
Desprázanse mediante aletas, cunha especializada función de cada unha delas:
A aleta caudal fai de temón, mentres que o resto manteñen o equilibrio e controlan a dirección do movemento.

CARACTERÍSTICAS:-Corpo cuberto por escamas-Son ovíparos; e dicir, reprodúcense mediante ovos. As femias poñen moitos ovos dos cales so uns poucos conseguirán chegar a adultos.-Respiran por branquias, unhas finas láminas de cor vermella situadas detrás da boca.A través delas absorven o osixeno da auga e expulsan dióxido de carbono.












Accésit en el IV Concurso de Programas Informáticos Educativos y Páginas Web Educativas de la CEC de la Junta de Andalucía. 2.001
Optimizado para 800x600
Fuentes documentales y gráficas
Página de ayuda



No hay comentarios:

Publicar un comentario